“Instamos á Xunta a pór en marcha un modelo forestal acorde ás demandas da sociedade galega, non aos interese privados”
Compostela, 23 de Maio 2024. Na mañá de hoxe tivo lugar a reunión do Consello Forestal de Galicia, a principal canle de participación da sociedade galega para potenciar a xestión sustentable e fomentar o desenvolvemento do monte.
A instancias do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) e outras organizacións sociais foi incluída na orde do día un punto de debate sobre o proxecto GAMA, unha macrocelulosa dez veces maior que a de ENCE na Ría de Pontevedra impulsada pola portuguesa Altri e a galega Greenalia (Greenfiber SL). Representantes da empresa tamén acudiron ao Consello Forestal a presentar o proxecto.
O coordenador da área de montes do SLG, Diego Sánchez Agra, chamou a atención na súa intervención sobre o irracional e irresponsábel que é o argumento da Xunta de Galicia, en conivencia cas citadas empresas, de instalar unha macro-fábrica de celulosa como un xeito de xestionar á grave problemática que temos cas macro-extensións de eucaliptos.
“Cando algo se fai mal o que hai que facer é correxilo, non disimulalo nunha carreira suicida cara adiante. Na Galiza temos unha clara problemática de sobreocupación e produción de eucalipto, recoñecida tanto pola Administración pública como percibido por unha inmensa maioría da sociedade. De feito, é tanto así que a día de hoxe a Lei 11/2021 de recuperación da terra agraria de Galicia prohibe as novas plantacións desta especie ata finais do ano 2025. Para o Sindicato Labrego Galego é verdadeiramente alarmante que a Xunta de Galicia afirme que quere abordar esta situación a través instalación dunha planta contaminante de transformación primaria, de escaso valor engadido para a exportación e que o único que vai facer é seguir afondando na xa mermadísima superficie agraria útil galega (a menor de todo o Estado), empeorar a perda de biodiversidade e especies autóctonas nos nosos montes e acrecentar o perigo de vagas de lumes para a poboación que vivimos no medio rural, e inda por riba acaparando 250 millóns de cartos públicos”, explicou Diego Sánchez.
A actual estrutura do monte no noso país está sostida nunha ilegalidade continuada e consentida pola Xunta de Galicia, que maltrata e despraza ás persoas que viven no territorio e pretenden sacar do monte outras cousas e non son absentistas.
Hoxe solicitamos que a Administración pública tome verdadeira consciencia desta problemática e deixe de enviar mensaxes de fomento do eucalipto ás persoas produtoras. Ademais, é obvio que as limitacións son absolutamente laxas, de cara a galería: a día de hoxe xa se superaron as previsións de plantacións de eucalipto que figuraban inicialmente no Plan Forestal de Galicia para o ano 2030, e son sorprendentemente escasas as medidas de control de plantacións ilegais.
Canda o importante impacto a nivel de perda de biodiversidade, no eido económico esta situación, canda o escaso fomento e estudo das producións e aproveitamento de frondosas autóctonas, leva anos provocando a destrución do tecido empresarial de serradoiros comarcais de procesado de frondosas e piñeiro.
Dende o SLG apostamos por un modelo forestal enmarcado tamén na nosa soberanía como pobo. Consideramos que prexudica á poboación galega o actual enfoque á exportación da produción dos nosos montes ao tempo que estamos importando outros produtos forestais para cubrir as necesidades de madeira e transformados. A Xunta de Galicia quere realizar un aproveitamento integral dos recursos autóctonos ou busca darlle utilidade a especies exoticas, invasoras dos espazos onde desprazaron as especies autóctonas?
O Sindicato Labrego Galego solicitou tamén hoxe que sexan aportados datos oficiais da cantidade de extensión de eucaliptos que están en terreo de cultivo e pasteiros, así como delimitar aquela que substitúe a outras masas forestais. Insistimos tamén en denunciar que a Administración non está a actuar de oficio nin facendo seguimento das plantacións ilegais, é máis, cando o SLG ten interposto denuncias inténtasenos disuadir argumentando que non somos parte interesada.
“Estanse facendo plantacións en parcelarias executadas recentemente, na parte agrícola, isto so é posible cando a administración está a mirar para outro lado. Logo ademais cando activa medidas, como no caso da moratoria, en lugar de acadar o obxectivo de redución provoca un efecto chamada. Chegaron a acortarse até masas de piñeiro de 20 anos para pór eucalipto, e unha vez establecida seguen sen controlarse as plantacións ilegais. O resultado deste proceder xa o sabemos: grandes extensións de monocultivo descontroladas que inciden na existencia de incendios por desprazamento da poboación rural e desinterese por un aproveitamento sostíbel monte, dificultando moito as labores de extinción, dando lugar á perda de vidas humanas e á destrución de casas e propiedades da poboación rural”, denuncio Sánchez Agra.
Á vista do actual escenario nos nosos montes, cuestionámonos se existe verdadeiramente unha estratexia forestal galega máis aló de respostar aos intereses de determinadas empresas privadas. O Plan forestal fala de superficies e medidas, con que obxectivo? Cantas voltas deu a Axencia da industria forestal?
Instamos á Xunta de Galicia a reflexionar de verdade sobre que tipo de produción e de estrutura de monte queremos ter, que tipo de cadea monte-industria, e apostar por unha transformación de serra fronte á trituración e a pasta de celulosa.




















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



