O responsabél provincial inaugurou as xornadas “Pasado, presente e futuro do asesoramento rural” organizadas pola Sociedade Galega de Pastos e Forraxes no CFEA Pedro Murias de Ribadeo
Lugo, 24 de maio de 2024. O deputado de Rural, Mar e Mocidade Daniel García inaugurou esta , mañá IX Reunión de Primavera da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes que se desenvolven hoxe e mañá no CFEA Pedro Murais de Ribadeo, co apoio da Vicepresidencia da Deputacíon de Lugo. “Pasado, presente e futuro do asesoramento rural” é o título da xornada, que inclúe unha ducia de ponencias , palestras e que acollerá tamén unha homenaxe ao persoal que desenvolveu a súa actividade profesional na Axencia de Extensión Agraria nos primeiros anos.
Na intervención inaugural, Daniel García valorou “a iniciativa da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes que, con estas xornadas, recoñece o traballo das persoas que puxeron en marcha as axencias de extensión agraria” e subliñou o papel transformador deses profesionais “do agro e do asesoramento rural, con ideas modernas” que foron capaces de “tecer redes, de crear comunidade e de mudar o pensamento dunha sociedade que pedía poder evolucionar e medrar cos novos tempos” e de “ofrecerlle unha oportunidade de futuro a noso rural, a través do traballo compartido coas asociacións culturais, coa propia veciñanza, con moitas persoas valiosas que lograron integrar nos seus equipos”.
O responsábel provincial chamou a “recuperar o espíritu do persoal que puxo en marcha as axencias de extensión agraria” para afrontar os retos de futuro do asesoramento agrario, como motor da profesionalización dos sectores produtivos primarios en Galiza, afectados por problemáticas “como o cambio climático – ligado á prevalencia de enfermidades do gando ou á expansión de especies invasoras como a velutina – ou a competencia do sector enerxético polo territorio”
Nesa liña, defendeu a necesidade de traballar de xeito conxunto – institucións, entidades de aconsellamento e asociacións agrogandeiras – “integrando a todos os colectivos en instrumentos como o Comité de seguimento do PEPAC, en positivo, cos pés na terra, reducindo a carga burocrática e poñendo o foco en darlle facilidades aos mozos que desexan incorporarse á actividade agraria, ou novos entrantes que proceden de outros sectores e que desexan emprender no rural”
Na xornada de mañá, interviron Elena Piñeiro Sotelo,presidente da Asociación de Asesores Rurais de Galicia, cunha exposición centrada no presente do asesoramento rural en Galiza, Isabel Viallba Seivane, do SLG, coa ponencia “Un proxecto de país para o noso rural e a vixencia dun modelo de extensión agraria pública”, así como os técnicos da Consellería de Medio Rural Iván Vázquez e Juan Martínez Barral.
Pola tarde, as intervencións correrán a cargo de Florentino Díaz, profesor da USC e Jaime Izquierdo Vallina, profesor da Universidad de La Laguna. Despois, as persoas asistentes farán unha visita á Cooperativa Clun.
Mañá, sábado, será a homenaxe a extensionistas xubilados, coa proxección dunha peza audiovisual, presentada por Anxo Vázquez, quen fora director e presentador do programa a TVG A Labranca, e unha ponencia de Antonio Oca Fernández, técnico de extensión agraria, titulada “Extensión agraria como servizo educativo”. A xornada pecharase cunha entrega de agasallos ás persoas homenaxeadas.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



