A tempada 24/25 será a cuarta do fonsagradino no conxunto mariñano
Burela, 15 de xuño, 2024. Ismael Samartino Obarrio (Isma), nacido en A Fonsagrada en 1991, continuará por dúas tempadas máis no Pescados Rubén Burela FS. Procedente de O Parrulo Ferrol, no que xogou durante sete tempadas (da 2013/2014 á 2020/2021), deu os seus primeiros pasos no fútbol sala no Mera FS no que xoga durante dúas tempadas 2010-2012 pasando a formar parte do Ribeira FS ata que ficha polo Parrulo. Na tempada 2021/2022 ingresa no Pescados Rubén Burela FS no que continuará ata o 2026. Moi contentos tanto no equipo coma no club por poder seguir contando con este xogador, tan polifacético no xogo e moi importante para o equipo tanto polas súas habilidades físicas coma sociais e actitudinais en pista e fóra dela.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.


