A necesidade das empresas da comarca asturiana de acceder aos servizos de márketing dixital impulsou esta nova apertura en Vegadeo
Ribadeo, 12 de xuño, 2024. Tan só un ano despois da inauguración da súa actual sede en Ribadeo, Donapubli, empresa dedicada á xestión de márketing dixital e publicidade corporativa e institucional e xestión de subvencións como o KIT Dixital, abre as súas portas en Vegadeo. A localidade asturiana será o epicentro das xestións da empresa en Asturias, dando así mellor acceso aos seus clientes asturianos, que nos últimos meses “creceron significativamente”, asegura Covadonga Perillán Mariñas, COO de Donapubli. E é que, “detectamos que no Occidente asturiano non se cubrían as necesidades da xestión do márketing dixital e publicidade das empresas e, mesmo, institucións e, como veciños da zona, entendemos que é necesario cubrilas” asegura Perillán.
A apertura desta nova oficina marca un fito significativo na expansión da empresa e o seu compromiso co desenvolvemento económico da rexión, que pasa por “dixitalizar e mellorar a comunicación das súas empresas” cun equipo de persoas creado por profesionais da zona.
A inauguración terá lugar o vindeiro xoves 13 de xuño ás 20:00 onde empresas, institucións e amigos arrouparán a Donapubli nesta nova etapa.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



