Antonio Ameijide explica que na xunta de goberno do venres, PSOE e BNG aprobaron un convenio interadministrativo de cooperación para o financiamento dos gastos correntes dos exercicios 2023 e 2024 do Concello de Meira por importe de 300.385,38€, é dicir “para tapar o buratos da xestión doutro alcalde socialista”
Lugo, 16 de xuño de 2024. Na xunta de goberno do venres, José Tomé, o PSOE e o BNG aprobaron un novo convenio interadministrativo de cooperación para cooperar no financiamento dos gastos correntes dos exercicios 2023 e 2024 do Concello de Meira por un importe de 300.385,38€, cunha achega de 300.000€ por parte da Deputación e de 385,38€ por parte do Concello de Meira. “Este convenio o agocharon na propia rolda de prensa, probablemente para intentar que non se enterasen o resto de concellos e a cidadanía”, sinalou.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, ve “reprobable” esta actuación por parte de Tomé xa que “unicamente se preocupa de axudar aos seus” e lle pregunta “se o goberno provincial pensa poñer en marcha unha liña de financiamento para sufragar os gastos correntes dos 67 concellos da provincia ou so vai a seguir pagando os cheques dos seus alcaldes afíns, mantendo esa liña do municipalismo de amiguetes”.
Neste caso, non é a primeira vez que a Deputación de Lugo acude ao rescate do Concello de Meira nos últimos meses. En decembro, socialistas e nacionalistas aprobaron en xunta de goberno provincial outro convenio para cooperar no financiamento dos gastos correntes do Concello de Meira, por un importe de 150.449,62€, cunha aportación de 150.000€ por parte da Deputación e de 149,62€ por parte do Concello de Meira.
Nos últimos meses, so ao concello de Meira, a Deputación enviou 450.000€ para tapar a mala xestión socialista deste Concello. “Semella que os alcaldes do PSOE, derrochan e arruínan os seus veciños e despois vai Tomé cos cartos de todos a pagar a conta”, afirmou.
Antonio Ameijide denuncia que Tomé “segue usando” a Deputación de Lugo “como a súa chequera de man” para financiar “a neglixente xestión” dos alcaldes socialistas ao longo da provincia, recordando varios casos dos últimos meses como Pol, Guitiriz, Taboada ou Antas de Ulla, “curiosamente todos gobernados por rexedores socialistas”.
Especialmente chamativo foi o caso de Pol, xa que o alcalde Lino Rodríguez tivo que recorrer á axuda da Deputación para poder facer fronte a gastos correntes do día a día, como o pagamento dos seguros ou do combustible dos vehículos municipais, para a compra de material para reparacións da rede de subministro de auga ou para a adquisición de sementes e fertilizantes.
Unha situación “inxusta” xa que “nin socialistas nin nacionalistas tratan por igual a todos os veciños da provincia”, sendo a realidade que a institución provincial está a dirixir fondos de tódolos lucenses a sufragar gastos correntes de concellos con alcaldes afíns. “É certo que unha das funcións das Deputacións Provinciais é a cooperación cos concellos, como tamén o é o feito de que o goberno desta institución non colabora do mesmo xeito con todos os Concellos da provincia”, recordando o voceiro provincial popular os 15M€ que o goberno provincial repartiu a dedo en 2023 a través de convenios aprobados nas xuntas de goberno, un concepto no que no primeiro trimestre de 2024 deron a dedo 900.000€ unicamente a municipios con alcaldes do PSOE ou do BNG.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



