O que espera un veciño dos seus representantes políticos e que estean á altura na defensa dos intereses do seu concello e traballen a reo na procura de investimentos e melloras para o seu pobo. De xeito inexplicable, en San Ciprián, parece que algúns deles non teñen aprendida esta lección tan básica. Así se desprende das críticas desproporcionadas e absolutamente fóra de lugar protagonizadas polo Grupo Municipal Socialista en contra do proxecto de Portos de Galicia, que promove a construción e réplica en tamaño real dunha goleta tradicional que fai tempo existiu no noso pobo.
Como veciños non saímos do noso asombro ao comprobar como en vez de felicitarse porque chegan novos investimentos, aos edís do PSOE parece sentarlles mal que o seu pobo reciba cartos, sexa obxecto dunha boa nova destas características, e pase a formar parte do mapa daquelas privilexiadas vilas nas que veciños e visitantes poden observar o proceso de construción dunha embarcación tradicional e visitala con posterioridade.
Desde a asociación de veciños Cruz da Venta non podemos máis que felicitarnos porque San Ciprián sexa receptor deste tesouro -qué mellor palabra para definilo- Tesouro cultural, polo que significa recuperar e poñer en valor parte noso pasado máis recente, incluso a goleta levará o nome de San Ciprián. Tesouro turístico polo impulso que neste ámbito suporá dispoñer dun atractivo destas características. E tesouro tamén polos postos de traballo que garante, evitando a desaparición dunha actividade artesanal como son as carpinterías de ribeira, que merecen todo o noso recoñecemento e protección, se non queremos que rematen por ser unha foto do pasado.
A nosa foi unha vila mariñeira durante moitas décadas e aspira a seguir facendo de cada día, de cada festa, de cada rúa unha homenaxe ao mundo do mar, que noutro tempo tivo a honra ver como navegaban nas súas augas estas goletas. Que a miopía e o apaixonamento político non impida ver o moito e bo que este proxecto representa. Que non teñamos que volver a presenciar como uns políticos, neste caso os edís socialistas, tiran pedras contra o seu propio tellado.
AA.VV.”CRUZ DA VENTA” – San Ciprian

















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.