Lugo, 18 de outubro de 2024. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro achegouse a Mondoñedo para participar dos actos do día grande das San Lucas. Alí, visitou o campo da feira onde se xuntan as grellas de cabalos das ganderías e participou na entrega de premios aos mellores animais e aos maiores grupos de cabalos na feira e na baixada tradicional que se celebrou na véspera.
O responsable provincial destacou “a vitalidade e dinamismo da feira cunha tradición secular, que é motivo de orgullo para Mondoñedo e para todo o país, porque reflicte o pouso cultural e social de séculos de traballo arredor do cabalo e do monte” e valorou “o compromiso das ganderías que participan na baixada tradicional e da organización coa continuidade das San Lucas”
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa organización das feiras cunha achega de 20.000 euros.
Premiados
Ganderías con maior número de cabezas de gando cabalar de monte na baixada tradicional
Xan das Bouzas
Javier Ares de Abadin
Tania Pérez
Ganderías con grupo maior de 20 cabezas non baixadas ao xeito tradicional
Abel Sánchez
Gasalla
Mellor Cabalo de Pura Raza Galega
Diego Terrón con Xunco
Adrián Mariño Domingo de Boimente
Mellor Cabalo de Pura Raza Arabe
Noa Doce Romero
Francisco Arias
Mellor Cabalo de Pura Raza Española
Andrés Veiga con Chocolate
Mellor Cabalo de Silla
Kika Basila con Medlot
Ana Acevedo Iglesias con Sera
Mellor Cabalo de Tiro
Alfonso Ortega con Rayo
Carlos Fraga con Luna
Mellor Burro/a
Andrés Veiga con Platero
Juan Jamardo con Marina
Mellor Poldro Nado en 2024
Gabriel Rojo con Pichón
Fernando Rouco con Careto























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



