O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o financiamento serviu para acondicionar dotacións de ocio e deportivas, unha vivenda social ou varios camiños, entre outras actuacións
Trabada, 24 de outubro de 2024. A Xunta de Galicia achegou nos últimos meses ao Concello de Trabada máis de 302.000 euros para levar a cabo proxectos de mellora de infraestruturas públicas de titularidade municipal.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, desprazouse hoxe ao municipio para comprobar as obras recentemente iniciadas nun parque infantil, co propósito de cubrilo parcialmente para que poida ser utilizado con independencia das condicións climatolóxicas. O investimento autonómico ascende a 35.800 euros.
Arias lembrou que o Goberno galego tamén aportou 60.000 euros para a renovación da cuberta principal do pavillón polideportivo e de elementos auxiliares como baixantes e canlóns. Igualmente, destinou 20.000 euros para arranxar a cuberta do centro social de Sante e 30.000 euros para habilitar a área recreativa de Vilapena.
Por outra banda, grazas a unha achega do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) de 46.300 euros, o Concello rehabilitou a antiga escola unitaria de Vidal para destinala a vivenda pública en réxime de alugueiro social.
Plan Marco
A Consellería do Medio Rural suma un investimento de 110.590 euros para o acondicionamento de camiños municipais nas dúas edicións do Plan Marco que están en marcha. Así, logo de rematar as actuacións definidas para o bienio 2023-2024, comezan a desenvolverse as actuacións previstas no plan para o 2024-2025.
En concreto, vanse mellorar os accesos a Val das Eguas, na parroquia de Vidal, e A Penela, na de Santa María de Trabada. No primeiro caso a actuación ten unha lonxitude de algo máis dun quilómetro, e no segundo de 290 metros.
En ambos casos vaise reformar o pavimento, limparanse as cunetas para facilitar a circulación das augas de escorrentía e instalarase sinalización onde proceda.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



