Ribadeo, 19 de novembro de 2024. En Ribadeo remataron as obras realizadas en varias vías de comunicación en Santalla de Vilaousende, en Ove e en Remourelle. O investimento ascendeu a 315.000 euros.
O alcalde, Dani Vega, confirmou este martes que “remataron as obras de mellora das vías de comunicación, das infraestruturas, que estaban certamente en moi mal estado. Sabemos que quedan outras por facer, sabemos que hai problemas en moitas parroquias, e desde logo baixo esa programación e planificación, vamos ir investindo en todas e en cada una delas”.
O rexedor explicou que “o que se fixo durante este ano foi investir unha parte, que son 315.000 euros, que é financiamento 100% da Xunta. Iso quere dicir que non investimos nada con orzamento municipal e actuamos en tramos largos, en tramos que son importantes para certas parroquias ou lugares onde había un deterioro da estrada moi importante. Estou falando, por exemplo, de Lourido-Santalla, na parroquia de Santalla de Vilaousende, onde é unha vía de comunicación importante, é un acceso directo desde a nacional a parroquia, unha saída principal. E desde a asociación de veciños nos pedían que actuaramos, desde a asociación xuvenil tamén nos pedían que actuaramos e así foi. Trátase dunha infraestrutura importante, unha vía de comunicación onde detectamos que ía haber moitos problemas, onde o ancho tiña que ser mínimo de 4 metros e tiñamos dificultades e tivemos que construír, reforzar todo unha estrutura para darlle esa estabilidade e polo tanto tamén houbo que actuar nas cunetas botándolles formigón para darlle tamén esa estabilidade ou esa seguridade”.
Vega seguiu a relatar que “investimos tamén en Frieira-Pastoriza, nun tramo moi importante, e actuamos ata a estrada da Deputación, que estaba moi deteriorada tamén ese acceso directo. Imos actuar tamén noutros puntos en Ove, pero nesa primeira intervención superamos o 1,5 km de actuación, polo tanto tamén unha inversión importante. E Remourelle onde había unha clara necesidade, non resolvemos todos os problemas, pero durante este ano o que fixemos foi actuar en todo entorno da escola, que estaba certamente con moitos problemas, deteriorado o pavimento, non había unha condución correcta para a auga, estaba todo abandonado. Ou a estrada Pesegueiro-Fornos, que tamén estaba con moitos problemas”.
O rexedor indicou que “o que fixemos foi ver unha planificación, unha actuación naqueles lugares, naquelas parroquias que estaban en peor estado e a pregunta que nos podemos facer, queda moito por facer? A resposta é que sí, queda moito por facer, queda moito por investir, queda moito por mellorar, pero pouquiño a pouco, programándose, buscando orzamento, buscando esa xestión necesaria para ir adiantándonos, para ir avanzando para que as nosas estradas estean nun bo estado. Hai que traballar arreo e buscar esa xestión, buscar ese orzamento que desde logo vamos encontrar”.
E engadiu: “315.000 euros nesta actuación e seguiremos xestionando orzamento para seguir avanzando”.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



