O investimento nesta actuación, que se desenvolverá ao longo de catro meses, será dun total de 15.661,97 euros
Viveiro, 19 de novembro de 2024. O Concello de Viveiro anuncia a inminente renovación do Parque Infantil de Atalaia. A tenenta de alcaldesa e concelleira de Parques e Xardíns, Miriam Bermúdez sinalou que esta incluirá “a modernización e substitución dos elementos de xogo que actualmente se atopan obsoletos”.
Bermúdez sinala que “a intervención responde á necesidade de mellorar os espazos públicos destinados ao ocio infantil”. “É un paso importante para asegurar que os máis pequenos e pequenas poidan desfrutar dun entorno de xogo seguro e moderno, adaptado ás necesidades actuais”, engade.
As actuacións previstas como parte do proxecto son a retirada dos elementos existentes, a instalación dun columpio mixto e unha mesa de picnic de plástico reciclado e a colocación de bancos tamén feitos con material reciclado.
Tamén se instalará un chan de caucho encapsulado cunha superficie de 83,20 metros cadrados, mentres que se conservarán 286,80 metros cadrados de zonas de terreo brando. Colocarase así mesmo un novo valado de plástico reciclado, en cumprimento cos estándares europeos de seguridade.
O proxecto conta cun orzamento total de 15.661,97 euros con IVE incluído, contando con fondos provintes da Área de Mocidade dependente da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Desenvolverase nun período de catro meses, garantindo “de xeito inminente un parque renovado e accesible para as familias de Viveiro” en palabras da tenenta de alcaldesa.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



