Foz, 13 de decembro, 2024. O alumnado de 1º e 2º de Primaria, tivo a oportunidade de visitar o centro de día de Foz. Con moita ilusión, camiñaron ata alí para compartir un anaquiño especial cos nosos maiores. Durante a visita, os nenos non só aprenderon sobre as historias e experiencias de vida dos avós, senón que tamén encheron o lugar de risas e alegría. Foi un encontro interxeracional para intercambiar cariño e sabedoría e que deixou pegada en todos os presentes.
INFANTIL VISITA A ESCOLA DE HOSTELERÍA
O alumnado de Educación Infantil ao completo visitou a Escola de Hostelería de Foz. Alí, esperábaos o profesor e chef Suso Liste, quen os guiou polas instalacións e lles foi explicando os pormenores do seu oficio. Ademais, unha vez rematada a visita, “os nosos pícaros puideron desfrutar dun pequeno aperitivo elaborado polo alumnado da escola de hostalería”. Esta actividade, como moitas outras que están a desenvolver, enmárcase dentro do proxecto O/A COCIÑEIRO/A. Non hai como comprobar en directo todo o que se aprende.
Os días 19 e 20 de decembro está programada a velada de Nadal e esta semana “fixémonos eco da campaña de Cáritas parroquial (Nadal Solidario)”.
Ademais, o colexio convida a todo o mundo a visitar o Belén colexial ata o día 20 de 9 a 19h.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



