Nota de prensa
GALA DE PRESENTACIÓN DA RADIO VALADOURO. TEMPORADA 2010-2011. DOMINGO, 7 DE NOVEMBRO DE 2010.
Radio Valadouro comeza a nova tempada de programación cunha gala na Casa da Cultura “Manuel Lourenzo” (Ferreira) este domingo ás 20:00 h.
Mándolles grella de programas e guión da gala.
O director de programas e artífice da devandita gala é JOSÉ VÁZQUEZ PEINÓ
Nota de prensa
PROGRAMACIÓN DA RADIO VALADOURO PARA A TEMPORADA 2010-2011.
LUNS.
De 21,00 a 22,00 horas: “Por fin é luns”, con Susana Álvarez.
A partir das 22,00 horas: “Hora Krono”, con Cachín.
MARTES.
Repetición do programa de “Hora Krono” do día anterior.
MÉRCORES.
De 20,30 a 21,30: “Voyage, voyage”, con Ana Belén Val Díaz e Pepe Peinó.
A partir das 21,30: “Misterios”, con Ana Belén Val Díaz e Pepe Peinó.
XOVES.
A partir das 20,00 horas: “Parolando Cultura”. Con Pepe Peinó, Sabela Quirós, Martín González e Matías Nicieza.
VENRES.
A partir das 18,30 horas: programa xuvenil con título aínda por decidir. Participarán rapaces novos da ESO e do Bacharelato.
A partir das 20,00 horas: “Parolando Actualidade”, con Lionel Rexes, Lola Sánchez Orol, Rubén García e O Festexeiro.
SÁBADO E DOMINGO.
Repeticións dos programas emitidos durante a semana, en horario aínda por decidir.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



