Nas viaxes, que se asignarán por orde de entrada, poderán participar entre un mínimo de 15 persoas e un máximo de 23 por colectivo, que partirán cara o itinerario escollido polo grupo entre as 51 rutas dispoñibles, 7 delas adaptadas
Lugo, 22 de xaneiro de 2025. A Deputación de Lugo abrirá mañá, xoves 23 de xaneiro ás 12, o prazo de presentación das solicitudes para participar na quinta edición do programa de viaxes gratuítas para entidades sen ánimo de lucro Coñece a túa provincia. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este mércores as bases da convocatoria desta tempada 2025, durante a que a institución provincial ofrecerá máis de 3.000 prazas.
Os colectivos terán ata o vindeiro 5 de febreiro para presentar a súa documentación no Rexistro Xeral da Deputación ou a través da sede electrónica, accesible na ligazón https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede. As solicitudes presentadas serán admitidas por orde de presentación, segundo o número de rexistro de entrada ata esgotar as prazas dispoñibles. A relación de entidades admitidas, excluídas e en lista de agarda será publicada tamén no Boletín Oficial da Provincia.
Esta iniciativa, que naceu no ano 2021 co obxectivo de promover o turismo, a hostalería e impulsar a dinamización da economía local, vai dirixida a asociacións e entidades dos 67 concellos da provincia. Desde a súa creación, o programa da Deputación tivo unha gran acollida e, en apenas 4 anos, xerou un importante retorno económico que superou os 600.000€.
Coñece a túa provincia mantén este ano os 44 itinerarios turísticos por toda a provincia e inclúe 7 rutas accesibles para persoas con mobilidade reducida, reforzando o carácter inclusivo da iniciativa. As excursións concedidas cubrirán todos os aspectos necesarios para gozar dunha experiencia completa, incluíndo transporte, seguros de viaxeiros, menú de xantar, entradas a lugares de interese e a presenza dun guía oficial habilitado durante todo o percorrido.



















O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



