Viveiro, 30 de xaneiro, 2025. O BNG de Viveiro afirma que “impulsou a iniciativa de recollida de sinaturas para que a Xunta de Galicia asuma a xestión do Conservatorio de Música de Viveiro. Desde o primeiro momento, este proceso desenvolveuse con total transparencia e coa vontade de sumar apoios a unha reivindicación xusta para a veciñanza. Por este motivo, viñeron a Viveiro os deputados parlamentarios polo BNG, Cristina Fernández e Dani Castro, a reunirse no propio Conservatorio de Música de Viveiro co profesorado para expoñer a Proposición non de Lei do BNG para que a Xunta asuma os conservatorios de toda Galiza que non están asumidos pola Xunta e propoñer ao Conservatorio de Viveiro a súa participación”.
“O BNG sempre actuou con transparencia, traballando con rigor e defendendo esta proposta coa máxima claridade. Sorprenden, por tanto, determinadas reaccións doutros grupos políticos de Viveiro, que non participaron na iniciativa en ningún momento pero que, unha vez recollidas as sinaturas, pretenden desvirtuar o traballo realizado”.
“A nosa posición sempre foi de colaboración e construción colectiva polo ben da veciñanza. Cada formación política ten dereito a impulsar as súas propias iniciativas, e desde o BNG sempre respectaremos ese dereito. Do mesmo xeito, pedimos que se respecte o traballo realizado e que non se distorsione a realidade”.
“Ademais, queremos deixar claro que en ningún caso o BNG pretende menosprezar, tapar ou ocultar o traballo do persoal do Conservatorio na recollida de sinaturas. O profesorado desempeñou un papel fundamental neste proceso, implicándose activamente na difusión da iniciativa e no contacto coa comunidade educativa e a veciñanza. O noso único obxectivo foi canalizar esta demanda cara ás institucións competentes para lograr unha solución real e efectiva”.
“Deixamos esta cronoloxía con datas que mostran o traballo desenvolto polo BNG”
-8 de novembro: Viñeron a Viveiro os Deputados Parlamentarios polo BNG, Cristina Fernández e Dani Castro, a reunirse no propio Conservatorio de Música de Viveiro co profesorado para expoñer a Proposición non de Lei do BNG para que a Xunta asuma os conservatorios de toda Galiza que non están asumidos pola Xunta e propoñer ao Conservatorio de Viveiro a súa participación. Míriam Bermúdez, portavoz do BNG e Tenenta de Alcaldía, tamén estaba presente nesta reunión. O profesorado estivo de acordo coa iniciativa, xa que é de xustiza. Existe a Acta do Claustro de Profesores do Conservatorio de Viveiro que demostra a reunión e certifica claramente que é unha iniciativa do BNG.
-10 de novembro: Foi presentada ao público a inicitiva en redes sociais e prensa co títular: “Iniciativa do BNG para que a Xunta xestione o Conservatorio de Viveiro no parlamento galego e no concello”.
-2 de decembro: Fixemos outra comunicación co título “Presentada a iniciativa do BNG para que a Xunta xestione o Conservatorio de Viveiro no vindeiro pleno do 4 de decembro”. Foi o día en que o BNG de Viveiro rexistrou para o pleno do Concello a moción, para que todos os grupos se puideran pronunciar e procurar así un acordo conxunto. O PP de Viveiro non votou a favor polo que non houbo unanimidade.
-17 de decembro: Míriam Bermúdez quixo promocionar aínda máis esta iniciativa, recordando que os pregos estaban para asinar no Conservatorio e no propio Concello, este mesmo día Míriam Bermúdez preguntoulle a María Loureiro se quería saír na foto e pronunciarse ao respecto, a nota saiu co titular de “2400 veciños e veciñas de Viveiro xa confirmaron que queren que a Xunta de Galicia asuma o Conservatorio de Música”. No interior da nota, recórdase unha vez máis que é unha iniciativa do BNG.
-28 de xaneiro: Puxémola como data fin no BNG para presentar as sinaturas no Parlamento Galego ao día seguinte.
-29 de xaneiro: Leva as sinaturas ao Parlamento Galego persoalmente Míriam Bermúdez, no seu propio coche e cos seus propios medios, a Santiago de Compostela onde foron entregadas aos deputados do BNG, Cristina Fdez e Dani Castro, xunto coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. Ali tamén se xuntaron con outros concelleiros do BNG e persoal laboral dos conservatorios quenes tamén reuniron sinaturas doutros conservatorios de Galiza e que, xunto coas de Viveiro, sumaron un total de 9050 sinaturas. Viveiro destacou como un dos casos máis significativos, tanto pola súa singularidade como polo impacto económico que supón para o Concello. Isto tamén foi anunciado baixo o titular “O BNG rexistra do Parlamento Galego a súa iniciativa de recollida de sinaturas para que a Xunta asuma o Conservatorio”.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



