Potenciará o Camiño Norte, propoñendo un itinerario entre a Catedral de Mondoñedo e a Catedral de Santiago a facer en sete etapas
Mondoñedo, 10 de abril, 2025. O proxecto “De Catedral a Catedral”, xurdido a iniciativa popular e que conta co apoio do comercio, a hostalería e restauración local, así como das institucións locais e autonómicas, e da Diocese Mondoñedo Ferrol e da Diocese de Santiago, ponse en marcha a partir deste venres 11.
A presentación da marca “De Catedral a Catedral”, á que acudiran a directiva da xestora así como autoridades civís e eclesiásticas, será o punto de saída desta interesante iniciativa que pretende reforzar a unión entre catedrais e recuperar o espírito cultural da peregrinación a Compostela.
Dende “De Catedral a Catedral” considérase que o Camiño nace como unha peregrinación vinculada á cristiandade, a o occidente cristián, e sobre todo, ligado á cultura europea.
Ademais Mondoñedo, como un dos lugares históricos de Galicia, sempre foi punto de referencia nas vías de tránsito da costa cara ao interior e foi parada obrigada para xentes, ideas e mercancías por ser a Cidade do norte da actual Mariña Lucense.
Por iso, a marca “De Catedral a Catedral” pretende ser unha reivindicación deste papel referente dentro das vías de comunicación galegas e de ser este Camiño un dos que vertebraron Europa.
De Catedral a Catedral vai potenciar o Camiño Norte a Santiago, destacando o tramo final entre Mondoñedo e Santiago de Compostela, as dúas únicas catedrais de Galicia neste Camiño e sendo ademais Mondoñedo, a única catedral entre Santander e Santiago.
Este é pois un camiño en sete etapas que sae de Mondoñedo e percorre os concellos de Abadín, Vilalba, Baamonde, Sobrado dos Monxes, Arzúa, O Pino e remata en Santiago de Compostela. Etapas para coñecer en profundidade Galicia e gozar dunha forma diferente de achegarse ao eixo vertebrador do occidente europeo.
Dende o proxecto “De Catedral a Catedral” quérese convidar a todas aquelas persoas interesadas en coñecelo de primeira man, a que se acheguen a esta presentación, que ten carácter público, e terá lugar na Casa dos Coengos, dentro da Catedral de Mondoñedo, o vindeiro día 11 de abril ás 11h.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



