Ribadeo, 8 de abril de 2025. A XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 13 de setembro. Esta edición chega con novidades no percorrido debido ás obras da rúa Buenos Aires. As inscricións para participar abriranse o 16 de abril ás 10 da mañá.
O concelleiro de Deportes, Francisco José SIlvent, dixo: “presentamos hoxe a décima primeira Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrará o 13 de setembro. As inscricións abriranse a vindeira semana, o 16 de abril ás 10 da mañá”.
O edil ribadense subliñou que “esta edición presenta novidades nos dous primeiros quilómetros debido ás obras que se acometerán na rúa Buenos Aires, e que nos obrigan a modificar a saída. A Media Maratón Ribadeo-As Catedrais partirá do Parque de San Francisco por Villafranca del Bierzo, Rodríguez Murias, San Roque, Virgen del Camino, Avenida de Galicia, José Vicente Pérez Martínez, Avenida de Asturias, estrada ata Vilavella, Amador Fernández, peirao de Mirasol e despois xa continúa polo seu percorrido habitual”.
Silvent dixo: “desde a organización agardamos que sexan moitas as corredoras e os corredores que se animen a participar nesta nova edición da media maratón. O ano pasado foron máis de 660 os deportistas que a correron e agardamos poder superar esa cifra neste 2025. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de grupos de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes ou mesmo para o comercio”.
O concelleiro de Deportes tivo palabras de agradecemento para os colaboradores: “tamén queremos agradecer a todos os colaboradores a súa implicación coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais”.
Desde El Progreso manifestaron que “no grupo El Progreso estamos encantados de colaborar un ano máis con esta importante cita deportiva, que reúne a centos de corredores chegados en equipo ou acompañados polas súas familias para disfrutar da carreira e dunha fin de semana do verán en Ribadeo”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “toda actividade desta índole ten repercusións positivas na economía local e iso é sempre moi importante. Estamos a falar dunha fin de semana do mes de setembro, aínda no verán, polo que participantes e acompañantes aproveitarán para gozar da nosa vila, da súa paisaxe, do seu patrimonio cultural, da súa gastronomía e do seu comercio. Agardamos que un ano máis gocen de todo o que Ribadeo lles ofrece”.
Na presentación que tivo lugar esta mañá participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e Sandra González, a autora do cartel da décimo primeira edición da Media Maratón Ribadeo-As Catedrais.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



