Nota de prensa:
Economía e Industria compromete un apoio de un millón de euros para respaldar o plan de expansión comercial de Sargadelos e manter máis dun cento de postos de traballo
*
O conselleiro Javier Guerra apuntou que a Xunta “aposta por Sargadelos e polo seu potencial”, e cualificou a mobilización das axudas “como unha magnífica noticia para unha empresa que leva o nome de Galicia polo mundo adiante e para os 108 empregados cos que conta na actualidade”
*
O apoio, ligado ao mantemento do emprego, implica o compromiso por parte da empresa de retirar o ERE de extinción presentado para convertilo nun ERE de reducción para axustar os ritmos de produción
*
A empresa presentará tamén un novo plan de viabilidade que reflicta o investimento en promoción e expansión comercial e o seu impacto nas vendas
Santiago, 18 de novembro de 2010.- A Consellería de Economía e Industria vén de comprometer unha axuda global dun millón de euros para apoiar o plan de expansión comercial de Sargadelos e acadar así o mantemento dos máis dun cento de empregos cos que conta a compañía. Así o manifestou hoxe o conselleiro Javier Guerra, despois de manter un encontro coa dirección da empresa, os representantes dos traballadores e o alcalde de Cervo, no que tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.
“A axuda”, explicou Javier Guerra, “chega por dúas vías e con carácter bianual, é dicir, serán 400.000 euros a fondo perdido e 600.000 euros a través dun préstamo participativo de Xesgalicia, sociedade dependente do Instituto de Promoción Económica”. O conselleiro de Economía e Industria apuntou que a Xunta “aposta por Sargadelos e polo seu potencial”, e cualificou a mobilización das axudas “como unha magnífica noticia para unha empresa que leva o nome de Galicia polo mundo adiante a para os 108 empregados cos que conta na actualidade”.
As axudas teñen como destino o respaldo ao plan de expansión comercial da compañía, para permitir un incremento das vendas, e chegan despois do acordo alcanzado para a presentación dun novo plan de viabilidade no que se recolla, precisamente, o investimento en promoción e expansión comercial e o seu impacto nas vendas, e do compromiso por parte da empresa de retirar o ERE de extinción presentado para convertilo nun ERE de redución co obxecto de axustar os ritmos de produción. As axudas, como vén sendo norma da Consellería de Economía e Industria, están ligadas ao mantemento dos postos de traballo.
Tanto o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, como a representante do comité de empresa, Rogelia Mariña, e os da compañía, José Luis Vázquez e José María Martínez, agradeceron “a implicación da Consellería de Economía e Industria e do Goberno da Xunta para impulsar a actividade dunha compañía histórica como Sargadelos”, polo que amosaron a súa “completa satisfacción e agradecemento”










Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



