O responsable autonómico recoñeceu que aínda queda moito por facer nun sector tradicionalmente masculinizado no que as mulleres ocupan o 16% dos postos directivos e o 29% das afiliacións das confrarías galegas
Ribadeo, 18 de maio de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe no acto de conmemoración do Día Internacional da Muller no Sector do Mar no que fixo un recoñecemento ao protagonismo histórico das mulleres no impulso do liderado de Galicia no ámbito pesqueiro e da acuicultura a nivel internacional. Un labor durante moito tempo invisibilizado e que destaca especialmente en actividades e oficios como o marisqueo a pé -representan o 75%-, na industria transformadora e de comercialización de produtos pesqueiros ou na reparación de aparellos de pesca.
Nesta liña, o titular de Mar puxo en valor que a comunidade está á cabeza a nivel español en presenza feminina na cadea mar industria así como nos postos de representación do sector. No 2015 o máis do 79% das confrarías contaban con mulleres nos seus órganos de goberno e decisión, moi por enriba do resto de comunidades. Con todo, recoñeceu que aínda queda moito por facer, da man do sector, neste ámbito dado que se trata dunha actividade tradicionalmente masculinizada no que se ben as mulleres representan o 29% das afiliacións dos pósitos galegos ocupan o 16 % dos postos directivos que ascende ata case o 80% no caso da Administración autonómica.
O responsable autonómico louvou a traxectoria das 15 mulleres homenaxeadas, activas e xa retiradas, que representan en primeira persoa o papel esencial que xogan as mulleres nunha actividade estratéxica para Galicia que supón o 5% do PIB e ao redor de 50.000. Tamén manifestou os avances acadados nas últimas décadas e o compromiso da Xunta en afondar na igualdade na pesca galega.
Alfonso Villares destacou o traballo que desenvolven os centros de formación marítimo-pesqueira autonómicos capacitando a mulleres en actividades no que están especialmente infrarepresentadas como é o caso da pesca extractiva no que apenas alcanzan o 4%. Por último chamou a sacar o máximo proveito ao talento feminino como mellor xeito de reforzar a competitividade do conxunto da cadea mar-industria galega.









O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



