Ribadeo, 12 de decembro de 2025. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebrará este sábado, 13 de decembro, ás 11:30 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional Festival de Nadal. A sesión matinal contará coa participación do alumnado máis pequeno, mentres que na quenda da tarde actuarán as grandes agrupacións das distintas especialidades instrumentais e de danza.
O programa incluirá panxoliñas e outras pezas de música moderna e tradicional. Desde a dirección destacan que “o Festival de Nadal é, xunto co de fin de curso, o que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público, por iso cada ano apostamos por incorporar novidades no repertorio e na posta en escena”.
Un ano máis, o evento terá unha importante dimensión solidaria. Entre hoxe, día 9, e o sábado a Escola recollerá produtos típicos do Nadal (turróns, polvoróns, mazapáns…) para entregar ao departamento de Servizos Sociais do Concello, que os distribuirá entre familias con escasos recursos. Desde a EMMeD sinalan: “agradecemos de antemán a colaboración da veciñanza, porque cada pequena achega contribúe a mellorar estas datas para moitas persoas”.
A EMMeD lembra que a formación en valores é parte esencial do seu proxecto educativo: “ao longo de todo o curso traballamos a solidariedade, a igualdade e o respecto, aspectos fundamentais para o desenvolvemento integral do alumnado”.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



