O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou hoxe as persoas usuarias do Hospital Asilo Vilalba, que participa nesta iniciativa
Vilalba, 22 de decembro de 2025. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, destacou hoxe a importancia de que os centros residenciais fomenten actividades que favorezan a participación activa das persoas usuarias. Fíxoo durante unha visita ao Hospital Asilo de Vilalba, un dos centros no que se desenvolve a iniciativa Ningún maior só este Nadal da Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social (Acolle) e que conta co apoio da Xunta.
Antón Acevedo desexou ao persoal, usuarios e familiares do Hospital Asilo unhas boas festas. Así mesmo, sinalou que a través deste tipo de propostas nas que xoga un papel moi importante o voluntariado, tamén se evitan situacións de soidade non desexada e sentimentos de illamento entre os maiores.
Nesta liña, referiuse a outro programa que ten en marcha nestas datas a Xunta e que ten o mesmo obxectivo: Xuntos polo Nadal, que ten lugar desde mañá martes e ata o día 7 de xaneiro de 2026 nas Residencias de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) e O Carballiño.










O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



