Nota de prensa:
Foz a 11 de Decembro de 2010
Reunidos os membros da Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública queremos manifestar que non é costume desta Comisión contestar os escritos nin as criticas que recibimos. E en todos os anos que levamos na Comisión é a primeira vez que o imos facer. Pero por parte do PP de Foz fixéronse unha serie de afirmacións na prensa e na radio local que non podemos deixar sen resposta.
Non pretendemos que isto se converta nun culebrón, por tanto vamos clarexar as cousas punto por punto e a partir de hai esquecernos do tema, digan o que digan. Aquí xa nos coñecemos todos e os veciños xa saben que é cada quen.
Co fin de esclarecer convenientemente o tema queremos facer o seguinte comunicado:
1.- Non é certo que rogásemos aos responsables locais do PP que nos convocasen a unha reunión co Presidente. Solicitámoslles nun escrito do día 15-11-2010 que fixesen as xestións necesarias para que aproveitando a visita anunciada do Presidente a Foz, se puidese levar a cabo unha reunión entre o Presidente Feijoo e os membros desta Comisión. (Ver o escrito do 15-11-2010).
2.- É certo que se nos convocou a dúas persoas durante un tempo de 15 minutos a ter dita reunión. Foi a primeira vez en todos estes anos que alguén nos limitaba o número de asistentes así como o tempo da reunión. Tamén é certo que non agradecemos as xestións que fixo o PP de Foz para que se levara a cabo a xuntanza solicitada. Non llo agradecemos porque pensamos que é obriga dos políticos recibir os cidadáns cando estes o solicitan.
3.- Non é certo que respostasemos que si non se nos recibía a catro non habería reunión. Solicitamos ser recibidos catro por que sempre así o fixemos e todos nos recibiron, e cando demos os nomes dos asistentes non tiveron inconvinte en que puidésemos asistir os catro.
4.- É certo o exemplo que puxo o Sr Feijoo cando se referiu a un comercio que observou á entrada, que precisamente é dun responsable da comisión alí presente, e comentou que se o comercio tiña moitos clientes, podíase pensar en ampliar o local, pero si non ten demanda sería pouco lóxico gastalos cartos de todos os galegos nunha reforma que non mellorara as condicións actuais. O exemplo está moi ben cando se trata dunha empresa privada, pero non cando se trata de un servizo público como é a sanidade. Nun servizo público non se busca obter un beneficio, senón prestar un servizo axeitado a un costo razoable e soportable.
5.- Non é certo que non nos recibisen o Presidente e Vicepresidente do bipartito. O Presidente Touriño recibiunos no Parlamento de Galicia o día en que se celebraba o 25 aniversario do Parlamento de Galicia. Ese mesmo día antes xa nos recibira a Conselleira de Sanidade. O Vicepresidente Quíntana recibiunos en dúas ocasións. Outra cousa son os resultados das entrevistas.
6.- Non é certo que tratásemos o Presidente Feixóo con falta de ríspeto nin con descortesía. Saudámolo ao entrar, desexámoslle boa estancia en Foz e saudámolo ao marchar. Entregámoslle unha carta e dixémoslle que dado o escaso tempo do que dispoñía podía darnos unha cita para outro momento que nosoutros acudiriamos alí onde nos citara o día que fose preciso. A reunión e o debate das diferentes opinións comezou a invitación do propio Presidente. E certo que lle recordamos que dende que é Presidente lle temos solicitado nove entrevistas sen resposta ata ese momento. Tamén é certo que discrepamos en canto á visión das necesidades sanitarias de Foz, e que tratamos de defender os nosos criterios con razoamentos claros e precisos. Pero nada de descortesía, nin falla de ríspeto.
7.- Estes comentarios de falla de ríspeto e descortesía fainos o PP de Foz despois de que a Comisión Focega sacou a nota pública na que valora a reunión co Presidente. Ata entonces non existía ningún problema. Ver nota de prensa do PP de Foz do 30-11-2010.
8.- Despois de moitos anos reuníndonos con dirixentes políticos moi importantes de tódolos cores e a primeira vez que se nos acusa de tratar a alguén con falta de ríspeto ou con descortesía. É totalmente falso que tratásemos a ninguén con falla de ríspeto ou con descortesía. E non estamos dispostos a consentir estes comentarios nin a admitir leccións neste tema do PP de Foz nin de ninguén. Sabemos o lugar que ocupamos e dirixirnos as persoas con educación e ríspeto, e a defender as nosas ideas sen molestar a ninguén.
9.- En canto a valoración da reunión do día 27-11-2010 co Presidente Feijóo ratificámonos punto por punto na nota pública enviada a prensa o día 02-12-2010.
10.- Non estamos politizados como se nos acusa. Pero xa estamos afeitos a estes comentarios, pois xa antes fomos acusados do mesmo por persoas de outros cores políticos. É curioso que se nos acuse de estar politizados por parte dos políticos. Eles si que están politizados defendendo os intereses dos seus partidos antes de defender os dos veciños de Foz.
11.- Non é o noso obxectivo manternos máis anos detrás da pancarta. Pero tampouco temos inconvinte en facelo si é preciso para defender os intereses dos veciños de Foz. Non se pode esquecer que grazas ás reclamacións dos veciños conseguiuse o médico de polas tardes, e a atención da maña do sábado e do domingo. E tamén a ambulancia medicalizada. Pois aínda que uns e outros queiran vender e vendan como logros persoais estas melloras, todos sabemos que sen a constancia e a tenacidade da Comisión Focega ao fronte das reclamacións veciñais estas melloras non se terían acadado.
12.- Nos non queremos polemizar co PP de Foz nin con ninguén, pois para acadar as melloras que Foz necesita somos necesarios todos.




















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



