A alcaldesa, Carmela López, e o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, representan ao municipio no marco da promoción turística da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense
Burela, 22 de xaneiro de 2026. O Concello de Burela atópase en Madrid para participar na Feira Internacional de Turismo (FITUR), representado pola alcaldesa, Carmela López, e polo concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, no marco da acción conxunta da Mancomunidade de Concellos da Mariña lucense. Ao evento tamén asistirá a técnica de turismo municipal, que desenvolverá tarefas de carácter técnico relacionadas coa promoción turística do concello.
Durante a mañá de onte, os representantes municipais realizaron unha primeira visita ao recinto feiral e comezaron a establecer os primeiros contactos. A alcaldesa, Carmela López, sinalou que “este evento permítenos coñecer a realidade do sector turístico e as oportunidades que existen para concellos como Burela”.
Hoxe, xoves 22 de xaneiro, o Concello de Burela estará presente na presentación oficial da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense no stand de Galicia en FITUR. “Trátase dunha acción importante para amosar o traballo conxunto que se está a facer dende a Mariña na promoción turística do territorio”, explicou a alcaldesa.
Pola súa banda, Ramiro Fernández destacou que “xunto co labor institucional, tamén é importante desenvolver un traballo técnico que permita establecer contactos con empresas do sector, visitar a feira e manter relacións con operadores turísticos, co obxectivo de atender as necesidades turísticas de Burela”.










Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.

