O Parlamento aproba unha proposta socialista para poñer en marcha medidas para facilitar a corresponsabilidade e a conciliación no sector do mar
Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026. A portavoz de Igualdade e Marisqueo do Grupo Socialista, Paloma Castro, acusou hoxe ao PP de “seguir discriminando ás mulleres” do sector da pesca. Así o dixo logo de que rexeitaran parcialmente a proposta que presentou na Comisión de Pesca con medidas para reforzar a presenza feminina nas confrarías e nos órganos de dirección das federacións provinciais e autonómica.
Paloma Castro acusou ao PP de “perpetuar a desigualdade” das mulleres na pesca a pesares da súa presenza maioritaria en actividades como marisqueo, acuicultura, transformación ou comercialización. Acusou ao goberno galego de permanecer “de brazos cruzados” diante da “desigualdade permanente” no mar, e reivindicou un sector “moderno, democrático e xusto, onde as mulleres non sexan man de obra invisible senón liderado visible”.
Castro afeoulle ao PP que rexeitara as propostas dirixidas a mellorar a participación das mulleres como candidatas nas eleccións ás confrarías, retirar os obstáculos estruturais e “avanzar cara unha gobernanza máis democrática, xusta e inclusiva”.
Lembrou que o goberno galego leva dous anos de atraso na aprobación do Estatuto das mulleres rurais e do mar, que nacía como ferramenta para recoñecer dereitos, garantir participación e crear mecanismos de seguimento, como Observatorio das Mulleres Rurais e do Mar, que foi recortado polo PP respecto do acordo inicial. Ademais, lembrou, rescindiron a presenza das mulleres nos órganos de representación do sector a través da Lei de Acompañamento aos Orzamentos.
Castro reclamou a posta en marcha dun Plan específico para fomentar a participación das mulleres como candidatas nos procesos electorais das confrarías e modificar a normativa electoral das confrarías para garantir listas paritarias -cremalleira-. Propuxo tamén garantir cotas de xénero nos órganos de dirección das federacións provinciais e autonómica para fixar unha presenza equilibrada de mulleres.
A proposta que presentou hoxe foi votada por puntos polo que aprobaron pedirlle á Xunta que poña en marcha medidas dirixidas a impulsar a corresponsabilidade e a conciliación, así como promover campañas públicas que visibilicen e recoñezan o valor do traballo desenvolvido polas mulleres neste sector.
Texto da iniciativa aprobada hoxe:
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Implantar medidas que faciliten a corresponsabilidade e a conciliación, tendo en conta que historicamente o peso dos coidados e do traballo reprodutivo recaeu maioritariamente sobre as mulleres e que, no sector pesqueiro galego, esta situación se ve agravada por condicións laborais e sociais específicas.
2. Promover campañas públicas que visibilicen e recoñezan o valor económico, social e cultural do traballo desenvolvido polas mulleres do sector pesqueiro, contribuíndo á súa dignificación e recoñecemento social”.




















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



