O Vicedo, 23 de marzo, 2026. O BNG vén de presentar unha moción na que insta ao Concello á creación dun parque público no municipio. Os nacionalistas afirman que O Vicedo conta cun entorno natural privilexiado e que existe unha demanda crecente de espazos públicos destinados ao lecer, á convivencia e á práctica de actividades ao aire libre.
“O parques públicos son infraestruturas fundamentais para mellorar a calidade de vida de veciños e veciñas, especialmente de nenos, mozos e persoas maiores, fomentando hábitos saudables, a socialización e o contacto coa natureza”, explica o concelleiro Miguel Gómez.
Un novo espazo de lecer e socialización
Segundo o BNG, a creación deste parque permitiría dispoñer dun espazo seguro para o xogo infantil, fomentar a actividade física ao aire libre, crear un punto de encontro para a veciñanza, mellorar a imaxe e o atractivo do municipio e ofrecer un refuxio climático na zona urbana, ao tratarse dun espazo resgardado.
Nos puntos de acordo, os nacionalistas propoñen avaliar a zona comprendida entre a Rúa do Porto e a Rúa Francisco Vilasuso para a ubicación do parque, así como elaborar un proxecto que inclúa zonas verdes, área de xogos infantís, bancos, iluminación e espazos accesibles para todas as idades.
Participación doutras institucións e da veciñanza
Así mesmo, instan ao goberno municipal a solicitar financiamento a través de programas da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e doutras institucións públicas con fondos destinados á mellora de espazos urbanos e ambientais.
O BNG propón tamén que se informe á veciñanza sobre o desenvolvemento do proxecto, promovendo a súa participación no deseño deste novo espazo público.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.


