Adxudicados outros oito traballos que afectan ao cinto comarcal; a LU-P-0108 en Abadín; a LU-P-1901 na Fonsagrada; a LU-P-4806 na Pontenova; a LU-P-0602 en Barreiros; a LU-P-2904 entre O Corgo e O Páramo; a LU-P-3402 en Muras; e a LU-P-1807 entre Chantada e Carballedo
Lugo, 8 de maio de 2026. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo avanzou este venres na contratación das obras de mellora de 10 estradas provinciais mobilizando un investimento que supera os 2,8M€. Así o informou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto. “Un orzamento importante para seguir priorizando o mantemento e a modernización da nosa rede viaria que é moi extensa e fundamental para a mobilidade diaria no rural”, valorou.
Sinalou que son actuacións “repartidas por todo o territorio coas que melloraremos un total de 48 quilómetros de vías”, e das que se beneficiarán concellos na Mariña, na Terra Chá, a Montaña, o centro e o sur.
García Porto informou nese sentido que a Xunta de Goberno licitou dúas obras. Unha para acondicionar no concello de Vilalba, con 179.985,82€, case cinco quilómetros ao inicio da LU-P-6511, que é a estrada que conecta a LU-P-6513 con Belesar por Distriz. Concretamente, acondicionarase do principio da vía ao punto quilométrico 4,837.
E outra para renovar 2,8 quilómetros en Castroverde, no tramo inicial –desde o punto quilométrico 4 ao 6,8- da LU-P-1201, que é a que vai de Souto de Torres a Sobrado. Neste caso o investimento da Deputación é de 256.687,85€.
Ambos proxectos permitirán a mellora da seguridade viaria, renovando o pavimento deteriorado e actuando na drenaxe das vías; incrementando así a súa durabilidade.
Adxudicación de 8 obras nas estradas provinciais
A Xunta de Goberno adxudicou ademais outros 8 traballos. Os máis importantes, “por investimento e pola entidade que ten a vía”, son as do cinto comarcal. Con algo máis de 600.00€ a Deputación adxudicou os traballos de mellora de tres tramos da lu-p-1611 á Ovisa Pavimentos y Obras SLU. Son algo máis de 7 quilómetros ao seu paso polos concellos de Outeiro de Rei, Begonte e O Corgo. Concretamente mellorarase do punto quilométrico 56,7 ao 62,2; do 125,8 ao 126,8; e do 130,6 ao 131,3.
Nos concellos de Abadín, A Fonsagrada e A Pontenova adxudicamos outros tres proxectos importantes, con investimentos de en torno aos 300.000€ cada un. En Abadín e na Fonsagrada a adxudicataria foi a empresa Cholo SL.
O primeiro dos proxectos servirá para mellorar a práctica totalidade da LU-P-0108, que é a que conecta, en Abadín, Foxas e Canteirada. Concretamente, neste concello da Terra Chá a Deputación inviste 304.539,63 euros para acondicionar desde o punto quilométrico 0,675 ao 6,245.
E na Fonsagrada quedou adxudicado outro proxecto para renovar algo máis de tres quilómetros da LU-P-1901, que é a que vai a Navia de Suarna. Neste caso, o investimento da institución provincial será de 297.427,07 euros e servirá para actuar desde o punto quilométrico 6,4 ao 9,5.
Na Pontenova, Ovisa Pavimentos y Obras SLU será a encargada de renovar algo máis de cinco quilómetros da LU-P-4806, que une Vilaxe e Ribeira de Piquín por Galegos. O prezo neste caso é de 274.996,7 euros e a renovación afecta ao treito comprendido entre o punto quilométrico 2,3 ao 7,4.
Ademais, nesta Xunta de Goberno quedaron adxudicados tamén outros catro proxectos que mellorarán:
A estrada LU-P-0602 de Barreiros. Construcciones Isidro Otero encargarase de mellorar a totalidade da vía que dá servizo á praia municipal por Remior cun orzamento de 174.898,97€.
Fevisa Vías y Obras SL acondicionará case todo o trazado da estrada LU-P-1807 que conecta Chantada e Carballedo por Santa Uxía ata Cartelos cun orzamento de 254.100€. Arranxarase dende o inicio da vía ao punto quilométrico 9,4.
E Cholo SL acometerá outras dúas actuacións. A de mellora dos últimos catro quilómetros (do 2,9 ao 6,1) da vía LU-P-3402 que vai en Muras da Gañidoira ó Viveiró 210.503,43€.
E da rehabilitación de catro quilómetros do 13,6 ao 17,38; e 380 metros ao inicio da vía LU-P-2904 entre Conturiz, no Corgo e o Páramo, por 253.442,27€
En todos os casos os traballos están destinados á mellora do firme e a drenaxe.
“Unha mobilización importantísima de recursos para a mobilidade e para a nosa rede provincial. Un compromiso que adquirimos coa veciñanza, porque as estradas provinciais vertebran o territorio, impactan na seguridade viaria, sosteñen boa parte da actividade económica do rural lucense; e contribúen ao equilibrio territorial”, valorou a Deputada.






















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



