Luís Bará acusa o Goberno de Rueda de non cumprir a sentenza do TSXG que ordena recuperar a protección para os terreos que rodearían a fábrica
Santiago de Compostela, 8 de maio, 2026. O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará, acusou o Goberno de Rueda de demorar o arquivo do proxecto de Altri en Palas de Rei para que no futuro a empresa lusa poida ter unha “pista de aterraxe” no País. “O PP fixo un anuncio trampa de arquivo da macrocelulosa porque despois de tres meses aínda non coñecemos ningún trámite posterior”, expuxo Bará.
O deputado nacionalista referiuse, en concreto, á demora da Xunta para resolver a autorización ambiental integrada vinculada ao proxecto, así como á concesión para a captación de augas no embalse de Portodemouros e vertido á ría de Arousa, dous trámites que acumulan, explicou, un retraso considerable.
“Tendo en conta que a declaración de impacto ambiental se aprobou hai máis de un ano é bastante estraño que aínda non se resolvese a autorización ambiental integrada”, advertiu Bará no transcurso dunha pregunta parlamentaria á directora xeral de Calidade Ambiental da Xunta, María José Echevarría.
Bará ligou a tardanza na resolución deste trámite á sentencia do TSXG que, explicou, establece que a Xunta “modificou de xeito arbitrario e inxustificado, sen ningún informe técnico” a Estratexia de Infraestrutura Verde publicada no 2022 para desprotexer, precisamente, os terreos que rodearían a macrocelulosa contaminante de Altri. Terreos, afondou, que aparecerían na estratexia como zona de amortecemento da serra do Careón, integrada na Rede natura, e que foron obxecto de “cambiazo” para favorecer a pasteira.
O portavoz nacionalista de Medio Ambiente no Parlamento destacou que a sentenza obriga á Xunta a repoñer a protección dos terreos en cuestión e acusou o Goberno do PP de “incumprir” o mandato xudicial tres meses despois de ser ditado.
“Ao TSXG parécelle moi estraño que vostedes fixesen o cambio (de protección) sen ningún informe que o avalase. Sabe por que? Porque foi un cambio de directriz política, porque a protección era incómoda para a aprobación da autorización ambiental integrada”, argumentou Bará, que considerou “moi grave que a Xunta non cumpra as sentenzas xudiciais e, a estas alturas, a protección non estea xa feita”.
O deputado nacionalista enmarcou a estratexia de dilación da Xunta no arquivo do proxecto de Altri no obxectivo de que a empresa acabe presentando alegacións e a tramitación acabe nun litixio que lle podería dar unha indemnización millonaria, cos recursos dos galegos e as galegas.
Ademais, advertiu, segundo a Lei de Procedemento Administrativo, se se aproba o arquivo do proxecto industrial estratéxico da macrocelulosa contaminante “no caso de retomar a tramitación posteriormente, xa habería un montón de trámites aprobados e, polo tanto, o que vostedes están buscando é tamén unha saída para o futuro, que Altri teña xa unha pista de aterraxe para seguir coa tramitación”.





















Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.



