Veiga advirte que o SAF atravesa unha situación “moi complexa” no municipio, tanto polo incremento dos custos como polas dificultades organizativas derivadas das baixas laborais
Barreiros, 12 de maio de 2026. A concelleira socialista de Servizos Sociais de Barreiros, Carmen Veiga, conseguiu no pleno o apoio unánime de todos os grupos da Corporación municipal para aprobar o Plan Concertado de Servizos Sociais e reclamar á Xunta de Galicia unha solución ao infrafinanciamento que soporta o Servizo de Axuda no Fogar.
A tenente de alcaldesa explicou que o SAF atravesa unha situación “moi complexa” no municipio, tanto polo incremento dos custos como polas dificultades organizativas derivadas das baixas laborais. Segundo detallou, o servizo conta cun cadro de persoal de 19 traballadoras, das que actualmente 10 están de baixa e 2 de vacacións.
“Estamos facendo malabares para non deixar a ninguén desatendido”, sinalou a concelleira, que lembrou que se trata dun servizo esencial para moitas familias de Barreiros, especialmente nun concello no que o 94% das persoas usuarias son grandes dependentes, con graos 2 e 3 recoñecidos.
Veiga incidiu en que o custo real do SAF xa alcanza os 25 euros por hora, mentres que a achega actual da Xunta é de arredor de 12 euros. Neste sentido, a Corporación coincidiu en considerar insuficiente a suba anunciada polo Goberno de Rueda, de 16 euros nos vindeiros dous anos.
“Hoxe Barreiros fala cunha soa voz: non podemos seguir asumindo con fondos municipais 13 euros de cada hora do SAF. Ese esforzo detrae recursos doutras necesidades básicas da veciñanza e pon contra as cordas as contas municipais”, defendeu Veiga.
A concelleira insistiu en que os concellos están asumindo unha carga económica que non lles corresponde e reclamou que o PP debe garantir dende a Xunta o financiamento necesario para manter un servizo público “imprescindible para a dignidade, os coidados e a calidade de vida das persoas dependentes”.
“O SAF non é un servizo accesorio, é unha prestación básica para que moitas persoas poidan seguir vivindo nas súas casas e no seu entorno. Por iso reclamamos que se financie como corresponde e que non se siga trasladando aos concellos unha responsabilidade que debe estar suficientemente cuberta pola Xunta de Galicia, afirmou.
Veiga puxo en valor que, malia esta situación, Barreiros siga reforzando a atención social no municipio a través de iniciativas como o servizo municipal de préstamo de material ortopédico, que permite ás familias acceder a camas articuladas, guindastres, andadores e outro equipamento de apoio. A concelleira incidiu en que este recurso “está a mellorar a calidade de vida de persoas dependentes e das súas familias”, e concluíu que “a prioridade da área de Servizos Sociais é estar ao carón da veciñanza, acompañar ás familias e garantir que ninguén quede atrás”.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



