Durante uns vinte anos o Partido Popular ten empregado recursos económicos e administrativos da Xunta de Galicia para facer dano, de forma consciente e desleal, ao Concello de Viveiro. Promoveu durante anos unha política de castigo para intentar influir no sentido do voto dos veciños e veciñas. De todo o conxunto de departamentos foi Portos de Galicia quen abandeirou este proceder de forma máis belixerante.
No ano 2007, sendo presidente do goberno central o señor Rodríguez Zapatero, Costas do Estado presentou un proxecto para eliminar os galpóns do peirao vello de Viveiro, habilitar aparcadoiros na zona e unir o porto deportivo coa Ponte da Misericordia cun paseo a beiramar.
No ano 2009, e vendo que carecía de actividade, Costas solicita a Portos de Galicia a reversión dese espazo co compromiso dun investimento de tres millóns de euros en melloras. A negativa de Portos, aducindo que o peirao vello “mantiña os usos portuarios” supuxo de facto ter que convivir cunha deplorable e fantasmagórica visión na entrada a Viveiro desde Celeiro. Poderiamos mesmo falar dos galpóns da vergoña.
O día 22 de marzo de 2025, só quince días despois da moción de censura contra o goberno de PSOE-BNG, o presidente de Portos de Galicia, o Sr. José Antonio Álvarez, nun exercicio entre o cinismo e a falta de pudor presentouse en Viveiro para, nas súas palabras, “visitar in situ o entorno do peirao vello onde a nova rexedora solicitou que se actúase de xeito prioritario”.
Do mesmo xeito, e continuando nesa liña de cinismo impropia dun servidor público, compremeteu obras negadas con anterioridade por falta de orzamento, caso de “un paseo no bordo marítimo dende a ponte da Misericordia ata o náutico de Viveiro” ou tamén “a reorganización do peirao vello e a rehabilitación da casa do Garda”.
Sen dúbida, todo indecente e ben clarificador.
Noutra orde de cousas, aproveito a ocasión para pór en coñecemento do actual equipo de goberno e dos responsables de Portos de Galicia que, desde fai meses, o firme do aparcadoiro do peirao vello está cheo de grandes fochancas, a grava está colonizando a zona axardinada, onde están os magnolios, e a sinalización ten desaparecido.
Por certo e xa para rematar, a rampa da ponte da Misericordia e as escaleiras do clube de Piragüismo que dan acceso á auga, seguen nas mesmas condicións de arruinamento e perigosidade.
Jesús Fernández Cal
Ex concelleiro do PSOE de Viveiro























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



