Ribadeo, 1 de xuño de 2026. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo continúa a levar a súa actividade pedagóxica e artística máis alá das aulas. Nesta ocasión, a Big Band da EMMeD será a encargada de poñer a nota musical á Festa de Fin de Curso da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ribadeo, que terá lugar o vindeiro mércores, 3 de xuño.
A actuación, que dará comezo ás 19:00 horas nos xardíns da EOI, servirá para que o alumnado da formación amose o traballo desenvolvido durante os últimos meses. Cun repertorio dinámico e pensado para todos os públicos, a Big Band buscará crear un ambiente festivo e de convivencia entre ambas institucións educativas nun marco inmellorable ao aire libre.
Desde a EMMeD salientan a importancia destas colaboracións, que permiten aos alumnos e alumnas de música enfrontarse ao público en diferentes contextos e fortalecer os vínculos co tecido cultural da vila.
A dirección da Escola Municipal de Música e Danza convida a toda a veciñanza, así como á comunidade educativa de ambos centros, a achegarse aos xardíns da EOI para desfrutar desta cita coa música en directo.





















Villares, que dimitira hai un ano tras ser denunciado por agresión sexual —unha investigación que foi arquivada ao non atoparse probas—, substituirá no cargo a Javier Arias.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



