A través desta proposta, un total de 700 escolares coñecerán os oficios vinculados á pesca, ao marisqueo, á investigación mariña e á navegación
Ames (A Coruña), 9 de xuño do 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou este martes Movemento Azul, unha nova iniciativa impulsada pola Xunta co fin de fomentar o coñecemento, a formación e a participación da mocidade galega no ámbito da actividade marítimo-pesqueira. Dirixida a persoas de entre 0 e 35 anos, nace como un marco de referencia para desenvolver distintas accións orientadas a fortalecer o vínculo das novas xeracións co mar e dar a coñecer as oportunidades de futuro que ofrece este sector que “é estratéxico para Galicia e a dinamización das zonas costeiras”, tal e como subliñou Villaverde.
O programa arrancou hoxe, no CEIP A Maía de Ames, coa acción Un Mar de Profesións, unha iniciativa piloto que se desenvolverá este mes noutros seis centros educativos da comunidade, e que permitirá que máis de 700 alumnas e alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria descubran, dunha maneira práctica e participativa, distintas profesións vinculadas co mar.
A proposta desenvólvese nun espazo formativo específico organizado en tres estacións temáticas que achegan ao alumnado diferentes ámbitos da actividade marítima. Na primeira, centrada na pesca e no marisqueo, os participantes coñecen a importancia de respectar as tallas mínimas e descobren artes tradicionais compatibles coa conservación dos recursos mariños. Na segunda convértense en observadores científicos, identificando especies autóctonas do litoral galego mediante técnicas de observación e análise inspiradas na ciencia. A terceira estación está dedicada á navegación e permite aos escolares familiarizarse coa interpretación de cartas náuticas e co uso de instrumentos básicos para o trazado de rutas pesqueiras adaptadas á súa idade.
O espazo de aprendizaxe está construído con materiais sostibles, elaborado a partir de taboleiros fabricados con casca de arroz e de mexillón Ao remate, o alumnado recibe un Pasaporte de profesións do mar, ademais doutro material divulgativo co que seguir explorando os contidos abordados durante a xornada.
Economía azul e remuda xeracional
Movemento Azul nace coa vocación de impulsar unha mocidade comprometida coa economía azul e coa protección do medio mariño, ao tempo que promove novas vocacións profesionais, científicas e emprendedoras vinculadas ao sector, contribuíndo, en paralelo, á promoción dunha imaxe innovadora, moderna e atractiva das actividades marítimo-pesqueiras.
Logo da súa posta en marcha hoxe en Ames, Un Mar de Profesións continuará a súa singradura por outros seis puntos da comunidade galega.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.