Foz, 26 de xuño de 2026. O Concello de Foz únese á reivindicación do Día Internacional do Orgullo LGTBIQA+, “reafirmando o noso compromiso coa diversidade e a igualdade real”, anuncia a concelleira de Igualdade, Ana Rojo, que engade: “como cada ano, o Concello de Foz tingue coas cores do arco iris o balcón da Casa do Concello e do resto dos edificios institucionais, coas bandeiras identitarias, símbolo do colectivo LGTBIQA+, bandeiras que penderán das fachadas ata o remate do mes de xuño, conxuntamente co acendido das luces que iluminarán a fachada da Casa do Concello a modo de celebración e símbolo do colectivo, que se conmemora este 28 de xuño”.
Ademais Ana Rojo salienta: “queremos destacar a nosa meta de construír un concello libre de discriminacións por xénero ou por orientación sexual, onde caben todas as realidades, rompendo estereotipos culturais e sociais; apoiando dende o Concello, con asesoramento psicolóxico e social aos que sufran discriminación, potenciando a importancia de que os espazos públicos sexan reflexo de tolerancia, de liberdade, e de respecto mutuo”.
A delegación de Cultura súmase á reivindicación dos dereitos do colectivo, e dende a Biblioteca Municipal, como ven sendo costume, ponse a disposición unha mostra bibliográfica “coa que poden descubrirse historias que celebran a diversidade, o respecto e a igualdade; libros para comprender, compartir e construír unha sociedade máis inclusiva”, explica a concelleira Inés López.
O Concello de Foz, dende a Concellería de Igualdade, reafirma “o seu compromiso cos dereitos humanos, a igualdade e a visibilidade deste colectivo, co obxectivo de consolidar o municipio como un espazo seguro, de respecto, de diversidade e libre de discriminacións, reivindicando a igualdade real, por unha sociedade libre de toda discriminación, con total respecto a identidade de xénero e a diversidade afectivo sexual. Invitamos á cidadanía á reflexión e ó compromiso que temos como sociedade, tratando de educar facendo fincapé nas xeracións máis novas sobre a importancia da inclusión e do respecto polos dereitos de todas as persoas”.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



