Cervo, 29 de xuño, 2026. O Concello de Cervo e a Federación Galega de Natación presentaron os campus de verán que se celebrarán durante o mes de xullo na Piscina Municipal de Lieiro, consolidando un ano máis ao municipio como un referente na organización de actividades vinculadas ás disciplinas acuáticas.
No acto participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o concelleiro de Deportes, David Rodríguez; e o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión, que puxeron en valor a excelente colaboración existente entre ambas institucións.
A alcaldesa destacou que “é unha satisfacción seguir traballando da man da Federación Galega de Natación para traer ao noso concello actividades deportivas de primeiro nivel. Esta colaboración continuada permite que Cervo sexa unha sede de referencia para o deporte base e para a formación dos mozos e mozas de toda Galicia”.
Dolores García Caramés incidiu tamén na calidade das instalacións deportivas municipais. “A nosa piscina municipal reúne unhas condicións excepcionais para acoller este tipo de campus. Queremos que todos os participantes desfruten tanto das actividades deportivas como da súa estancia en Cervo, e que coñezan tamén todo o que ofrece o noso municipio”.
A rexedora subliñou ademais que “este tipo de iniciativas contribúen a dinamizar a economía local durante o verán e consolidan a imaxe de Cervo como un destino deportivo de referencia”.
Entre as actividades programadas figura o II Campamento de Verán de Waterpolo, que se celebrará do 6 ao 11 de xullo e está dirixido a nenos e nenas nados entre 2012 e 2015, federados e practicantes desta disciplina. O campus estará dirixido polo director técnico da FEGAN, Xavi Pérez, xunto cos adestradores Andrés e Isabel Pérez, e contará con 32 prazas. O programa inclúe pensión completa, adestramentos específicos e actividades de lecer.
Así mesmo, a Piscina Municipal de Lieiro acollerá tamén o II Campamento de Verán de Natación Artística, que terá lugar do 14 ao 18 de xullo para nenos e nenas nados entre 2011 e 2015, tamén federados nesta disciplina. Estará dirixido pola directora técnica da FEGAN, Sandra Montes, xunto á adestradora Candela Fidalgo. O campus contará igualmente con 32 prazas e incluirá pensión completa, sesións de adestramento e actividades recreativas.
Desde o Concello de Cervo agradecen á Federación Galega de Natación a confianza depositada un ano máis nas instalacións municipais e reiteran o seu compromiso de seguir colaborando na organización de eventos que fomenten o deporte base e continúen situando o municipio como un referente galego das disciplinas acuáticas.























O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.

