Lugo, 29 de xuño de 2026. Os museos provinciais acollerán durante o verán unha ampla axenda de actividades culturais, divulgativas e didácticas, unha programación pensada para seguir achegando os fondos dos museos a persoas de todas as idades e conmemorar o vinte aniversario da constitución da apertura do Pazo de Tor como Museo e da constitución da Rede Museística Provincial.
A deputada de Cultura Iria Castro, a xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e a directora do Museo Provincial de Lugo Aurelia Balseiro presentaron este mediodía a programación, articulada baixo o epígrafe “Escola, Cultura e Territorio: Verán na Rede Museística”.
Iria Castro explicou que “a programación incide na apertura dos museos a todos os públicos, e especialmente as máis novas e novos, creando oportunidades para que se acheguen ao patrimonio e á creación artística” e remarcou que “a configuración da Rede, cos catro museos espallados polo territorio, facilita que estas propostais culturais e didáctica, que involucran a artistas e colectivos diversos, chegue a persoas de toda a provincia”
Encarna Lago explicou que “a programación de actividades de verán deseñouse co obxectivo de dar o máximo protagonismo ao vinte aniversario da creación da Rede e da apertura do Pazo de Tor e de visibilizar o proxecto de museos inclusivos, igualatarios e centrados nas persoas que levamos dúas décadas desenvolvendo”.
O acto de presentación contou tamén coa participación das artistas Soila Jankowska e Cris Bamio, que impartirán os obradoiros “A linguaxe do barro”, e do colectivo Terras Irmás, unha entidade asentada en Lugo e centrada na creación de redes de colaboración entre entidades educativas, culturais e sociais, fomentando o intercambio de experiencias e a aprendizaxe mutua entre diferentes territorios europeos.
Xullo: Obradoiros
11 de xullo, de 12:00h a 13:00h | Museo Fortaleza San Paio de Narla
Obradoiro “Contra todo mal… Un herbario medieval!” (a partir de 6 anos). Recoñecemento da flora local e das calidades medicinais para construír un herbario con materiais de refugallo.
12 de xullo, de 17:00h a 19:00h | Museo Pazo de Tor
Obradoiro asociado ao espectáculo “Os Senteito” (a partir de 4 anos). Exploración da idea de fogar.
14 de xullo, de 12:00h a 14:00h | Museo Provincial de Lugo
Obradoiro asociado ao espectáculo “Carapuchiña Vermella” (a partir de 4 anos). Achegamento ao universo do pan galego.
15 de xullo, ás 12:00h | Museo do Mar de San Cibrao
Obradoiro asociado ao espectáculo “Moby Dick” (a partir de 4 anos). Exploración das historias do océano e da identidade do centro.
21 de xullo e 28 de xullo, de 17:00h a 18:30h | Museo Provincial de Lugo
Obradoiro “A linguaxe do barro: Milagres compartidos”, con Soila Jankowska e Cris Bamio (adultos). Decoración dunha peza de barro artesanal. Actividade complementaria da exposición “Tecendo redes”. 15 prazas. Inscrición: comunidadermpl@gmail.com.
Agosto: Programa Erasmus+
Actividades do programa Erasmus+ con CULTIV e Terras Irmás:
18 de agosto, ás 18:00h | Museo Fortaleza de San Paio de Narla e Pazo de Tor
Obradoiro “A Tradução do Medo”. Construción de museos interiores relacionando espazos coas memorias colectivas. (16 a 22 anos)
19 de agosto, ás 18:00h | Pazo de Tor
Obradoiro “Manual para Criar um Jardim em Casa”. Construción de espazos persoais a través da escritura. (Para coidadores informais ou persoas que traballan en residencias de anciáns)
20 de agosto, ás 18:00h | Museo Provincial de Lugo
Obradoiro “Saramago para Todas as Línguas”. Reflexión sobre a diversidade lingüística a partir da obra de José Saramago. (6 a 12 anos)
21 de agosto, ás 18:00h | Museo do Mar de San Cibrao
Obradoiro “Contador de Histórias”. Recuperación de memorias da costa para crear unha cartografía de historias. (6 a 12 anos)
Pazo de Tor: vinte anos da súa apertura como museo
Alén do 20 aniversario da constitución da Rede, un proceso que comeza a tomar forma o 30 de xuño de 2006, este verán -o 13 de xullo – cúmprense tamén 20 anos da apertura como museo do Pazo de Tor, unha efeméride que se conmemorará con actividades que repasan o percorrido do museo como referente da museoloxía social e reforzan a súa proxección no ámbito cultural.
O 9 de xullo ás 10:00 horas, o Pazo acollerá o relatorio “A Rede Museística de Lugo. Un exemplo de boas prácticas desde unha museoloxía social e transformadora” coa participación de Cosme J. Gómez Carrasco da Universidad de Murcia, e coas intervencións de Ana Moreno Rebordinos do Museo Nacional del Prado, Rufino Ferreras Marcos do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza e José Manuel Rey García do Servizo de Museos do Concello de Vigo.
Os actos centrais do aniversario continuarán o 12 de xullo ás 19:00 horas, cando a contorna do Pazo de Tor servirá va de escenario para a representación da obra de Castelao “Os vellos non deben de namorarse”. A Asociación Cultural e Folclórica Os de Algures executará esta posta en escena, reproducindo o vestiario a partir dos debuxos do autor e respectando as súas indicacións sobre escenografía, movementos, uso de máscaras e músicas tradicionais. O acceso será libre e gratuíto.
O sábado 18 de xullo o Pazo de Tor será a sede do encontro “Sagra Forma” co actor Sergi López. Este evento, en colaboración con Sacra Experience, abarcará conversas, un taller e proxeccións. O programa comezará cunha sesión de 11:00 a 14:00 horas centrada nunha conversa sobre a súa traxectoria, reflexións e inquietudes.
Visitas guiadas
Durante os meses de xullo e agosto, ofreceranse catro visitas guiadas en todos os museos da rede. Os percorridos terán lugar de martes a venres coas quendas de mañá ás 11:00 e 12:30 horas, e as quendas de tarde ás 16:30 e 18:00 horas. A asistencia farase sen necesidade de anotarse, coa única excepción do Pazo de Tor, onde todas as visitas realizaranse exclusivamente baixo reserva previa a través do correo electrónico concertacionsrmp@gmail.com.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



