A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas supervisaron unha actuación que permite optimizar o uso do espazo público e adaptalo ás necesidades actuais da veciñanza
Vilalba, 2 de xullo de 2026. O Concello de Vilalba vén de completar unha actuación de reorganización do estacionamento na rúa da Revolta, nas proximidades do centro de saúde, coa delimitación de 80 prazas para turismos ao longo dos dous marxes da vía.
A alcaldesa, Marta Rouco, e o concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Luis Fernández, visitaron o resultado dunha intervención que permite ordenar e optimizar un espazo xa empregado para aparcar, adaptándoo ao uso maioritario de vehículos lixeiros.
A actuación incluíu a sinalización horizontal e a delimitación de prazas de 5,20 metros, unha medida que facilita unha organización máis eficiente do estacionamento e incrementa a capacidade sen necesidade de ampliar a superficie existente.
Marta Rouco destacou que esta é “unha desas actuacións que demostran que, con planificación e unha boa organización do espazo público, tamén se poden conseguir melloras para a veciñanza”. Engadiu que o obxectivo é seguir revisando diferentes puntos da vila para introducir cambios que fagan “máis cómodo o día a día da cidadanía”.
Pola súa banda, Luis Fernández subliñou que esta intervención forma parte do traballo da concellería para mellorar a funcionalidade dos espazos urbanos, analizando continuamente o seu uso para adaptalos ás necesidades reais da veciñanza.
Con esta actuación, o Concello continúa impulsando melloras na ordenación urbana, apostando por solucións que optimicen os espazos públicos e fagan máis práctico o seu uso diario.




















Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



