Viveiro, 6 de agosto de 2026. Nas últimas semanas, o Concello de Viveiro recibiu diversas consultas da veciñanza sobre o estado do estanque dos patos do Parque Pernas Peón. Por este motivo, a administración local quere informar da situación actual.
O estanque abastécese da auga procedente do río Cantarrana mediante un desvío do seu caudal. A situación de seca está a provocar un descenso moi significativo do nivel do río, polo que o estanque recibe unha cantidade de auga insuficiente e presenta un nivel inferior ao habitual.
Co obxectivo de paliar esta situación, o Concello realizou onte unha limpeza do estanque e continúa efectuando achegas externas de auga para compensar a diminución do caudal. Non obstante, debido ás características do propio estanque e ao actual contexto de seca, resulta complexo manter un volume de auga estable, polo que é necesario compatibilizar estas actuacións cun uso responsable dos recursos hídricos.
En calquera caso, o Concello seguirá realizando os esforzos necesarios para manter un nivel de auga adecuado que garanta o benestar dos animais.
Así mesmo, infórmase de que os patos reciben diariamente a alimentación necesaria por parte do persoal municipal de Parques e Xardíns, polo que non é preciso que a cidadanía os alimente. Moitos dos alimentos que se lles achegan poden resultar prexudiciais para a súa saúde, e os restos contribúen a deteriorar a calidade da auga e o estado do estanque.
Por iso, o Concello solicita a colaboración da veciñanza para non alimentar os animais nin depositar restos de comida ou outros obxectos no estanque. Agradece tamén a comprensión e a colaboración de todas e todos.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



