A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa programación divulgativa organizada polo Concello coa colaboración da Sociedade Galega de Historia Natural
Muras, 10 de agosto de 2026. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro participou este tarde na presentación da programación divulgativa organizada polo Concello de Muras arredor do eclipse total de Sol que se producirá o vindeiro mércores 12 de agosto.
O concello murés, recoñecido como destino de observación astronómica co selo Starlight, prepara para esta data histórica diversas actividades centradas na observación da eclipse e da choiva de Perseidas da man do coordinador da sección de Astronomía da Sociedade Galega de Historia Natural Marcos López Alonso.
As actividades, que contan co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, desenvolveranse no Alto da Curuxeira, onde o divulgador da SGHN narrará en directo a eclipse, ofendo unha guía paso a paso en tempo real para a observación segura da eclipse. A xornada continuará cunha charla ilustrativa sobre as Perseidas ou bágoas de San Lourenzo e o recoñecemento de constelacións ao caer a noite.
Efrén Castro valorou “o carácter divulgativo da programación promovida desde o Concello de Muras, que aproveita a eclipse total de sol que viviremos o mércores e toda a curiosidade e expectación arredor dela para promover o interese pola astronomía e a observación do ceo nocturno”.
As actividades son gratuítas. O Concello de Muras recomenda acudir con roupa de abrigo, auga e comida para pasar a xornada completa ata a observación nocturna.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



