Viveiro, 17 de agosto, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro presentará no Pleno unha moción para impulsar unha regulación municipal do uso das bombas de palenque e doutra pirotecnia sonora. O obxectivo é establecer normas claras que permitan compatibilizar as festas e tradicións do municipio co descanso da veciñanza e co benestar das persoas e dos animais.
Unha proposta baseada na responsabilidade e na demanda social
O PSOE de Viveiro recoñece que durante os anos nos que gobernou o Concello non se elaborou unha regulación específica nesta materia. A portavoz socialista, María Loureiro, sinala que a sensibilidade social aumentou nos últimos anos, así como as demandas de familias, veciños e persoas propietarias de animais, polo que consideran que “agora é o momento de dar ese paso”.
Segundo o grupo socialista, a preocupación polos efectos dos ruídos intensos e inesperados da pirotecnia incrementouse de maneira notable, especialmente en nenos e nenas, persoas neurodiverxentes ou con especial sensibilidade sensorial —incluídas aquelas con trastorno do espectro autista (TEA)—, así como en persoas maiores ou enfermas.
Impacto nos animais domésticos, gando e fauna
Cada vez máis persoas propietarias de animais trasladan ao Concello a súa inquietude polos efectos das detonacións, que poden provocar medo, estrés, desorientación ou fugas tanto en animais domésticos como no gando e na fauna silvestre.
Necesidade de ordenar o uso da pirotecnia
O PSOE considera que as festas celebradas este verán, tanto no casco urbano como nas parroquias, evidenciaron a falta dunha regulación clara sobre horarios, número de tiradas ou obrigas de comunicación previa. En ocasións, mesmo se producen lanzamentos sen que o propio Concello teña constancia.
Por iso, propoñen establecer un sistema de autorización ou comunicación previa, así como fixar condicións comúns para todo o municipio. Loureiro afirma que “non parece razoable que se poidan lanzar bombas de palenque sen que o Concello saiba previamente cando, onde ou durante canto tempo se van lanzar”.
Regular, non prohibir
Os socialistas insisten en que a proposta non pretende prohibir as bombas de palenque nin eliminar tradicións vinculadas ás festas de Viveiro e das súas parroquias. A intención é ordenar o seu uso e definir criterios sobre horarios, duración, frecuencia, número de tiradas, lugares de lanzamento e información previa á veciñanza, ademais de estudar alternativas de menor impacto sonoro cando sexa posible.
Creación dun grupo de traballo
A moción propón crear un grupo ou comisión de traballo coa participación dos grupos políticos municipais e dos servizos técnicos e xurídicos do Concello para elaborar unha proposta de regulación axustada á normativa.
Unha vez redactado un primeiro borrador, o PSOE suxire trasladalo aos colectivos vinculados á neurodiverxencia, á diversidade sensorial e ás entidades de protección animal para que poidan achegar as súas consideracións antes da aprobación definitiva.
María Loureiro conclúe que “regular non significa prohibir, senón establecer regras e horarios que todos coñezan”, e lembra que, aínda que o PSOE non abordou esta cuestión cando gobernaba, “a demanda social aumentou e agora é necesario afrontala”.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.