Ribadeo, 29 de agosto de 2026. Ribadeo despedirá o verán co Guateque que se celebrará no Parque de San Francisco este sábado, 29 de agosto. Todo o recadado irá destinado ao Carnaval 2027.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, contou que “xa está aquí o Guateque dos anos 60, a música, a cor e a nostalxia dos anos 60 e 70 volven a Ribadeo. A Comisión do Carnaval e o Concello de Ribadeo, xunto con moitos amigos que nos botan unha man, xa ultimamos os detalles para o tradicional Guateque fin de verán, que arrancará a partir das 8 da tarde o vindeiro sábado, 29 de agosto, no Parque de San Francisco. A cita contará con música que repasará os grandes éxitos desa época e para os que queiran disfrutar desde primeira hora tamén haberá postos con empanada ou tortilla”.
A edil ribadense dixo: “dende a organización queremos facer un chamamento entusiasta para que todo o mundo acuda caracterizado deses anos. Remata o verán e chega o momento de sacar dos armarios eses pantalóns de campá, vestidos de flores, gafas xigantescas e os tupés para mergullarnos por completo na estética desa década”.
Saiz subliñou: “do mesmo xeito queremos incidir na importancia de manter un comportamento cívico e coidando o entorno e por iso, por motivos de orden, de limpeza e de estética non estará permitido o botellón en toda a zona do parque e do Cantón”.
A concelleira de Turismo anima a veciñanza e visitantes a acudir ao Guateque o vindeiro sábado: “convidamos a todas as persoas a colaborar coa organización xa que os prezos serán populares e todo o recadado irá directamente á organización do Carnaval 2027. Xa sabedes que a diversión está garantida o vindeiro sábado a partir das 8 da tarde. Veciños e visitantes convivimos durante todo o verán e qué mellor maneira de despedilo que todos xuntos recordando eses marabillosos anos”.








Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



