Cervo, 29 de setembro, 2026. A Asociación Saúde Mental A Mariña pon fin ao proxecto Conecta co mar. O mar é vida, unha iniciativa que desde 2024 empregou o mar e o patrimonio marítimo‑pesqueiro como ferramentas para favorecer o benestar, a participación social e a saúde mental. Como peche desta etapa, a Casa da Cultura de San Cibrao acollerá do 1 ao 15 de outubro unha exposición que recolle parte das experiencias e creacións realizadas, cunha inauguración prevista para o día 1 ás 12:30 h.
O proxecto apostou por unha mirada innovadora, entendendo o mar como un espazo de encontro, acompañamento e coidado, contribuíndo tamén á prevención da conduta suicida mediante o fortalecemento dos vínculos e das redes de apoio. Tras a súa estancia en San Cibrao, a mostra trasladarase á Oficina de Turismo de Ribadeo, onde poderá visitarse do 19 de outubro ao 15 de novembro.
Conecta co mar. O mar é vida pecha así unha etapa, pero mantén a vontade de seguir explorando as posibilidades que ofrece o mar para coidar, conectar e xerar benestar. O proxecto conta co financiamento do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA), no marco da Estratexia de Desenvolvemento Participativo do GALP A Mariña‑Ortegal, co apoio da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.


























Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.



