O voceiro popular indica, tralas declaracións realizadas onte por catro mulleres no caso aberto por presunto acoso sexual, que “todo apunta a que cada vez hai máis indicios de que Tomé tivo, supostamente, un proceder máis que cuestionable, a pesar de que no PSOE o seguen a defender”
Lugo, 30 de setembro de 2026. O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, acusou ao PSOE de seguir a amparar a José Tomé, pero “agora indo un paso máis adiante, amparándoo en sede xudicial”.
Así de contundente se amosou Ameijide á hora de valorar a xornada de declaracións nos xulgados lucenses, despois de que varias mulleres recoñeceran a existencia de supostos casos de acoso por parte de José Tomé de que Pilar García Porto, deputada provincial, alcaldesa de Antas de Ulla e secretaria de organización do PSdeG de Lugo, recoñecese que tivo coñecemento destas condutas.
Para Ameijide “o PSdeG lucense segue a protexer e a amparar a José Tomé xa que o seguen a manter como alcalde de Monforte e coma deputado provincial” xa que “non lles queda máis remedio que protexelo senón queren perder o goberno da Deputación de Lugo”.
Ademais, o voceiro popular recorda ao PSOE que “no PP seguimos a manter a oferta de apoiar a outro candidato do PSOE para a alcaldía de Monforte, pero non a aceptan porque seguen a protexer a unha persoa investigada pola xustiza”.
“Tal é o nivel de amparo e protección que o PSOE lucense dá a José Tomé que non teño ningunha dúbida de que o vindeiro ano concorrerá ás eleccións municipais encabezando a lista do partido socialista”, sentenciou Ameijide.






















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



