“Se o PP quere quitarlle o voto á cidadanía do exterior, que presente unha reforma constitucional, e se quere privala do dereito á nacionalidade, que promova unha reforma do Código Civil, pero a nós teranos en fronte”, advertiu o senador do PSdeG
Madrid, 30 de setembro de 2026. O senador do PSdeG César Mogo defendeu hoxe na Cámara alta que a Lei de Memoria Democrática e a súa disposición oitava “son reparadoras dunha débeda e duna inxustiza” que se cometeu con moitos compatriotas que perderon a nacionalidade tras a Guerra Civil, e especialmente “coas mulleres ás que unha reforma franquista do Código Civil obrigou a renunciar á súa nacionalidade cando contraían matrimonio cun estranxeiro”.
No debate dunha iniciativa do Grupo Socialista no pleno, sinalou que quen se opoñen a esa norma “moito deben de temer o voto da cidadanía, cando piden que centos de miles de persoas queden sen dereito ao sufraxio”. “Aí onde hai un dereito gañado, aí está o PP para convertelo nun problema. Pasou coas pensións, pasou coa reforma laboral e vai pasar coa protección fronte aos desafiuzamentos”, censurou.
Mogo insistiu en que a coñecida como lei de netos implica “un recoñecemento á emigración” e ao seu sacrificio e puxo de manifesto a discrepancia do Partido Socialista co Tribunal Supremo, “porque, ademais de non ser competente para suspender o dereito a voto, priva á cidadanía dun dereito fundamental dun xeito que nin está amparado nos marco dun estado de excepción”.
Feijoo, “en modo trumpista”
O parlamentario socialista sinalou a Feijoo, que “empezou esta batalla”, por poñerse “en modo trumpista e fabricar un bulo disparatado, coma se se puidesen manexar as vontades políticas de centos de miles de persoas, como se fosen cidadáns sen criterio e de segunda”. “Ese é o insulto que Feijoo e o PP lle dedican á emigración”, dixo, e denunciou que, ademais, están a acusar aos funcionarios consulares “de participar en actos delictivos”. “Cales serán os seguintes colectivos vítimas deste novo sufraxio censitario que inventou o PP no seu plan de recorte de dereitos e liberdades?”, preguntouse.
César Mogo levou ao debate unha cita do propio Feijoo, de hai só tres anos. Foi a seguinte: “Que lles expliquen por que un neto ou un fillo que ten dereito á nacionalidade española non a pode ter e si a pode ter un africano do norte, os europeos do leste ou calquera que non teña sangue española”. Tras cualificala de “un pouco racista”, o senador socialista sinalou que agora o propio Feijoo e Rueda “cambiaron de opinión e escandalízanse”.
“Sinto vergoña de que un expresidente da Xunta e un presidente da Xunta ataquen desta maneira inclemente á emigración española, aos descendentes de españois e aos seus ascendentes. Que vergoña que o presidente da Xunta participe nesta mascarada”, dixo Mogo.
Así, constatou que o PP pasou de defender e prometer no seu programa electoral que a lei de netos “debera ser universal e ilimitada” a querer impedirlles a nacionalidade ás mesmas persoas. “O que pretenden é a supresión da transmisión da nacionalidade de pais a fillos”, apuntou.
“Un inmenso bulo”
“Se o PP quere quitarlle o voto á cidadanía do exterior, que presente unha reforma constitucional, e se quere privala do dereito á nacionalidade, que promova unha reforma do Código Civl, pero que non engane. A nós teranos en fronte”, advertiu o senador do PSdeG.
Finalmente, Mogo botou a vista atrás para relatar o que aconteceu noutras épocas respecto de cuestións similares. Indicou que na presidencia de Rajoy “multiplicouse por tres o número de nacionalizados”. “Estábase cometendo un fraude entón? Non estábase aplicando a lei”, asegurou. O que quere agora o PP, “non valía para os sefardís? Porque se nacionalizou a 100.000 persoas”, criticou respecto das contradicións dos populares. “O que están propagando vostedes é un inmenso bulo”, concluíu.





















As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



