Nota de prensa
CASTIÑEIRA AFIRMA QUE O ASILO DE FOZ DEBE SEGUIR COA MESMA ACTIVIDADE, PORQUE O ÚNICO QUE CAMBOIU É QUE RIVERA NON PAGA O CONVENIDO COA DIRECCIÓN.
Foz, 25/03/11.- Despois de estar reunidos esta semana coa dirección do centro, os populares focenses confían en que o asilo de Foz sega con normalidade a súa actividade , posto que non cambiou nada, ao contrario do que tratou confundir o alcalde de xeito incompresible, sabendo que a única administración que non está a cumprir e o propio concello que estes últimos 2 anos non aporta o convenido por problemas económicos.
A alarma social que causou a noticia, é mais prexudicial para o asilo que a propia noticia, posto que o que solicitaba o centro era percibir a maiores para os internos con moi poucos ingresos que non cubren os gastos mínimos, que podan cubrir a dependencia no propio centro para axudar nos gastos.
Dende o centro, informáronnos que xa eran excepticos ante posibilidade de recibir a dependencia, que si lles aceptaban a proposta axudaría nunha pequena parte a financiar o Asilo, pero que no caso de que non a concedesen, por que existen uns requisitos, seguirían como o viñeron facendo ata agora, e non mandarían a ningún interno, sexan cales sexan ás súas posibilidades económicas, tal e como viñeron facendo dende que están na localidade.
Tamén dende o centro confirmaron o bo recibimento que tiveron en fechas pasadas polo Presidente da xunta Núñez Feijoo, que se brindou a colaborar na medida do posible, polo contrario as queixas dende a dirección contra actitude do alcalde que se nega a cumprir co prometido de aportar 30.000 euros ao ano, e só pagou no 2009, quedando sen recibir a do 2010 e 2011 por problemas económicos.
Por todo iso os populares sorpréndense, ata que punto chega a demagoxia, e o interese político do alcalde e máis do Bng, para querer transxiversar unha notica ata o punto de crear alarma social sen motivo algún, xogando incluso coa saúde dalgún interno e dos seus familiares preocupados polas noticias enganosas de certos políticos sen escrupulos, que reclaman a outras administración o que eles non cumpriron co Asilo.
Castiñeira confesa estar completamente doído de cómo un alcalde xoga cos intereses dos seus veciños, según lle corra o aire político, cando hai uns días non se acordaba do asilo para nada, ocupado en facer o proxecto do xeriatrico coa diputación, que non ten competencias, cando na época da Xunta do bipartito estiveron a piques de cerrar o Asilo, chegando incluso a ONG que o dirixe a querer abandoar o centro, porque lles esixían unhas condicións imposibles de cumprir, agora que están ben, veñen sen vergonza algúnha, o Psoe e o Bng a facer demagoxia politica en épocas de eleccións, e alarmismo social de pancarta sen escrúpulo algún e rozando a desvergonza politica.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



