![]()
Nota de prensa
ÉXITO DA ESCOLA MUNICIPAL DE XIMNASIA RÍTMICA NOS PROVINCIAIS DE SARRIA
Onte, domingo 17 de abril, tivo lugar no Pavillón de Sarria a FASE PROVINCIAL ESCOLAR DE XIMNASIA RÍTMICA DE LUGO, clasificatoria para fase final galega. Na mesma participaron os equipos máis importantes da Provincia: Club Quicela, Escola de Ximnasia Porta Norte, Escola Deportiva Municipal de Foz, Club Aixa, Club Xirandela, Escola Municipal de Guitiriz, Escola Municipal de Outeiro de Rei, Escola Municipal de Vilalba, Escola Municipal de Rábade e ESCOLA MUNICIPAL DE XOVE.
Para este importante evento, organizado pola Federación Galega de Ximnasia Rítmica coa colaboración e patrocinio da Xunta de Galicia a través de XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), a Escola Municipal de Xove presentou tres equipos, un e benxamín, outro en alevín e outro en cadete. Decir que nesta competición só participaron equipos, xa que non houbo competición individual. Pois ben, os tres equipos presentados, ousexa, a totalidade das ximnastas que a Escola Municipal de Xove presentou nesta competición, CLASIFICÁRONSE PARA OS CAMPIONATOS GALEGOS. Estes campionatos galegos (Fase Final), no cal van participar os clubes máis importantes de Galicia, vanse desenvolver en Lugo o vindeiro DOMINGO 29 DE MAIO.
En cada categoría os tres primeiros postos clasificábanse directamente para final galega. Pois ben, a Escola Municipal de Xove acadou o terceiro posto nas categorías benxamín, alevín e cadete, ousexa, nas tres que participou, polo que eses tres equipos van participar nesa fase final galega de Lugo.


























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
