Nota de prensa:
700 ESCOLARES DISPUTAN ESTA FIN DE SEMANA AS FINAIS DOS CAMPIONATOS PROVINCIAIS DE ATLETISMO, VOLEIBOL E BALONCESTO
O programa de deporte escolar ‘Xogade’, que desenvolve a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, involucra a máis de 8.000 nenos e nenas da provincia distribuídos en 22 modalidades deportivas
Lugo, 28 de abril de 2011.- Esta fin de semana dispútase a fase final dos campionatos provinciais nas categorías de atletismo, baloncesto e voleibol organizados no marco do programa de deporte escolar Xogade, que desenvolve a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coas federacións respectivas.
Arredor de 700 escolares de toda a provincia chegaron á fase final destas tres modalidades, dos preto de 2.000 que iniciaron a competición. A final máis concorrida será a de atletismo, que congregará o domingo 1 de maio, nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera (Lugo), a 350 participantes pertencentes a 25 entidades deportivas da provincia.
Ao longo de toda a xornada –entre as 11.00 e as 19.00 horas aproximadamente- sucederanse as probas de lonxitude, peso, altura, pelota, martelo, xavelina, disco ou pértega, nas categorías infantil, alevín e benxamín.
O sábado, 30 de abril, disputaranse as finais de voleibol e baloncesto. A final do campionato provincial de voleibol terá lugar na Casa do Deporte, na zona de Frigsa, a partir das 11.30 horas.
Os equipos en liza serán: Escolapios de Monforte e distintos equipos do Emevé de Lugo -F1, F2 e F3- (categoría alevín feminina); Ferroviario de Monforte e o Emevé -M1 e M2- (categoría mixta); e Escolapios de Monforte e o Emevé (benxamín feminina).
En total, os equipos que loitarán polo triunfo nas categorías de alevín e benxamín englobarán a participación duns 200 participantes.
Polo que respecta ao campionato de baloncesto, compre subliñar que se disputará en dúas sedes: O pavillón municipal de Vilalba, onde a partir das 10.30 horas se disputará a final da categoría benxamín masculino, e o pavillón de Frigsa, que acollerá á mesma hora aos alevíns masculinos e femininos.
Os 12 equipos da provincia que tomarán parte nestas finais son: Galén IV, Franciscanos 2001, C.B. Ría de Ribadeo e Estudiantes Naranja Leyma Natura (categoría benxamín masculino); Estudiantes Leyma Natura, o María Auxiliadora, Martínez Otero e Cidade de Lugo (categoría alevín feminino).
Por último, na categoría alevín masculino participan: Maristas 99, Cidade de Lugo, Martínez Otero e Estudiantes Leyma Natura.
O programa Xogade comprende en total 22 modalidades deportivas que mobilizan a 8.179 nenos e nenas na provincia. O interese que esta iniciativa esperta entre os colexios e entidades vinculadas ao deporte infantil e xuvenil queda demostrado polo dato de que este curso o número de participantes incrementouse nun 20% con respecto ao do ano pasado.
Aposta polo deporte
A Xunta de Galicia reforzou este curso a aposta polo deporte de base que representa o programa Xogade, incrementando o número de modalidades deportivas e intensificando o desenvolvemento doutras actividades paralelas aos campionatos.
Dentro destas últimas destaca a actividade lúdica Xogo, que persegue achegar aos escolares a diferentes disciplinas deportivas, empregando a mellor das ferramentas das que se dispón en educación, o xogo.
Xogo ofrece aos nenos e as nenas de primaria, secundaria e, coma novidade este ano bacharelato, a posibilidade de achegarse de forma lúdica ao deporte. Dada a gran demanda que esta actividade rexistrou o pasado ano, a Secretaría Xeral para o Deporte aumentou a oferta con sete modalidades novas, entre as que se atopan o xadrez, baile deportivo, béisbol, remo, rugby, voleibol e ximnasia na escola.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
