A través da páxina web www.fazouro.com organizouse unha ruta polo río Ouro para o próximo domingo, día 4 de setembro. A expedición partirá da praia de A Pampillosa, ás 11.30 horas. Recomendan aos camiñantes vestir roupa deportiva e levar calzado cómodo, ademais do avituallamento, posto que comerán ao largo do percorrido polo río. A participación é libre e gratuíta.
Ruta polo río Ouro organizada través da páxina web www.fazouro.com