Nota de prensa
A Deputación impulsa ó exterior o sector agrogandeiro coa cesión de 120 novillas ás poxas de España
– Son exemplares lucenses que Acruga leva á granxa Gayoso Castro para melloralos xeneticamente co fin de estender a raza e poñer en valor a calidade da provincia
– Esta actividade logrou que as novillas de Lugo estivesen presenten nas principais poxas a nivel nacional e que o seu prezo se incrementase ata acadar unha media de 2.000 euros
– As últimas 7 cabezas que cede a Deputación estarán este sábado no XXXVI Concurso-Exposición de Gando Vacún da Fonsagrada que contará con outras 100 novillas da Comarca
A Deputación está a impulsar o sector agrogandeiro da provincia ó exterior mediante a cesión dun total de 120 exemplares lucenses de rubia galega ás poxas de España. Son as novillas que ACRUGA merca ós gandeiros da provincia e levala á granxa Gayoso Castro, dependente da institución, para recrialas e melloralas xeneticamente co fin de estender a raza e poñer en valor a calidade das cabezas de Lugo.
Esta actividade é froito dun convenio entre o organismo provincial e Acruga que converteu a de Lugo na 1º Deputación de Galicia e na 1º administración en España que ten unha colaboración desta índole. Dende a súa posta en marcha en 2008, o seu foi resultado cuantifícase nos preto de 350 exemplares que conforman o rabaño de elite que acolle as instalacións chairegas.
Estas novillas lucenses están a ganar cada vez máis prestixio no mercado nacional. Ano tras ano a súa demanda increméntase nas poxas nacionais. Por elo, a Deputación cedeu 24 exemplares en 2008, 27 en 2009, 42 en 2010 e 30 no que levamos de 2011. Isto permitiu, que as cabezas da provincia estivesen presentes na poxa nacional de Salamanca; en Pozo Blanco, Cordoba; Colmenar Viejo, Madrid; Trujillo, tamén na capital española; Zafra, Badajoz; así como na Semana Verde de Silleda ou en Adai, O Corgo, entre outras.
As últimas 7 cabezas rubia galega que cede a Deputación estarán este sábado no XXXVI Concurso-Exposición de Gando Vacún que acolle A Fonsagrada. Estas serán as novillas que se poxen pero, a maiores, haberá un total de 100 de rubia galega e rubia asturiana, todas elas de gandeiros fonsagradinos, que participarán no concurso e que optarán a 17 premios dotado de entre 200 e 400 euros.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



