Nota de prensa
O CONCELLO DEMANDARÁLLE AO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE QUE SE TRASLADE Á PRAIA DOS BLOQUES A AREA QUE SE VAI RETIRAR DURANTE O DRAGADO PARCIAL DA RÍA DE RIBADEO, QUE SE REALIZARÁ NAS VINDEIRAS SEMANAS.
Ribadeo, 9 de setembro de 2011. O Concello demandará diante do Ministerio de Medio Ambiente que a area que se retirará durante o dragado parcial da ría de Ribadeo se leve á praia dos Bloques e así substituir o fango que hai nesa zona desde hai anos. Así llo suxeriu e llo expuxo o alcalde, Fernando Suárez, ao presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, na visita cursada ao porto comercial.
O rexedor contou que “estivemos vendo o inicio destas importantes obras de mellora de toda a zona portuaria comercial de Ribadeo, onde se vai reforzar ese espigón pola parte interior para poder garantir que catro navíos poidan facer simultáneamente operacións de estiba e desestiba. Isto mellorará a competitividade do porto comercial de Ribadeo e tamén resposta un pouco a ese acordo do Parlamento galego no que se lle require á Xunta que siga a potenciar o noso porto comercial, tan importante como se pode ver nos últimos anos nos que foi a máis, de feito está con toda a capacidade de carga de pasta de papel e dos outros produtos aos que lles pode seguir dando continuidade”.
Suárez Barcia sinalou que “tamén nos vindeiros tempos dará inicio este dragado parcial do que é a canle principal da ría de Ribadeo diante do porto comercial, algo que permitirá que os buques teñen unha cuota de menos cinco, é dicir para que poidan seguir entrando estas embarcacións cunha carga media”.
O alcalde de Ribadeo suxeríulle ao presidente de Portos de Galicia “atendendo ás demandas de moita xente que me di que a praia dos Bloques, que non é de Portos xa que está no ámbito de Costas, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, presenta desde hai anos moito fango, o que fai que se converta en perigosa. Habería que explorar a posibilidade xunto co ministerio para substituir ese fango por esa area que se sacará do dragado, que aínda que é escura ten todas as cualidades da area fina. Desde o Concello iniciaremos as xestións oportunas co Ministerio de Medio Ambiente para que parte desa area que se vai retirar da ría poida ir para a praia dos Bloques”.
























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



