Nota de prensa
“Parece que os socialistas son os únicos que non se dan por enterados de que os veciños están encantados coa nova praza” –afirma Balseiro– tras dar a coñecer que o PSOE rexistrou unha pregunta no pleno do Parlamento
OS POPULARES CONSIDERAN ABSURDO E EXTEMPORÁNEO QUE O PSOE PREGUNTE MESES DESPOIS SOBRE O PECHE DO COLEXIO RIVERA CASÁS E A CONSTRUCIÓN DA PRAZA DOS CAMPOS
Lamentan que o PSOE pretenda reabrir debates anticuados e caducos e acusa aos socialistas de estar obsesionados por xerar polémicas e crear crispacións innecesarias.
Santiago, 10 de setembro de 2011.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro cualificou de “totalmente absurdo, extemporáneo e falto de toda lóxica” que os socialistas galegos, meses despois, inclúan unha pregunta parlamentaria para o seu debate no vindeiro pleno da Cámara galega en relación co peche do colexio Rivera Casás de San Ciprián e a construción no espazo que ocupaba este centro da nova Praza dos Campos.
Os populares lamentan que no PSOE “sigan dando as costas aos veciños deste pobo”, que elección tras elección ratificaron o seu apoio ao proxecto de construción da nova praza e de integración nun só centro dos dous colexios que ata o momento existían na localidade. “Parece que os socialistas son os únicos que non se dan por enterados de que os veciños están encantados coa nova praza, contentos pola recuperación deste espazo céntrico e cen por cen público e libre de edificacións. Parece mentira que no PSOE sigan obsesionados en xerar polémicas innecesarias”.
Jose Manuel Balseiro tamén considera como extemporáneo o debate que, agora, pretenden reabrir os socialistas coa presentación desta iniciativa por parte do deputado do PSOE Isamel Rego e coa súa inclusión na orde do día do vindeiro Pleno do Parlamento de Galicia. “Supoño que no PSOE traballaron pouco este verán e non teñen iniciativas novas e máis actuais que presentar no Parlamento, polo que están obrigados a rescatar preguntas vellas e caducadas”.
O parlamentario popular esixe aos socialistas que “dunha vez por todas escoiten aos veciños de San Ciprián, e respeten o que a maioría deles decidiu. Pídelles tamén que deixen de buscar a crispación e a división. Ademais Jose Manuel Balseiro lémbralles aos do PSOE que esta estratexia deulles moi mal resultado á luz do acotencido nas eleccións municipais, onde os socialistas perderon preto de 300 votos e o BNG case 130 máis, o que supuxo que o PP acadara o 60% do electorado”.
Jose Manuel Balseiro considera inexplicable que o PSOE bote continuamente pedras contra o seu propio tellado, pois parece que lles molesta que en San Ciprián cheguen novos investimentos, que como no caso da praza dos Campos non supuxeron ningún gasto para as arcas municipais, ou que estamos construíndo co apoio da Xunta unha nova residencia para persoas maiores na Veiga, cun espazo moi superior e con moitas mellores características das que obteríamos se tiveramos aproveitado o edificio do vello colexio.






















Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



