Nota de prensa:
O Deputado de Economía Rural reclama no encontro anual da cooperativa ICOS o apoio da Xunta ó centro de recría
– José Fernández explicou ós asistentes ó evento, que congregou a unhas 2.000 persoas, que as obras do complexo “marchan a moi bo ritmo” e a estrutura de 4 das 13 naves coas que constará estará practicamente lista o próximo mes
– O Deputado espera que o Goberno galego acepte “xunguir esforzos” para sacar adiante este ambicioso proxecto, tendo en conta que é o máximo responsable das competencias en medio rural e que a idea conta co total respaldo do sector, incluída a propia ICOS
O Deputado Provincial de Economía Rural e do Mar, José Fernández, participou este venres no encontro anual de confraternidade de ICOS Sociedade Cooperativa Galega, radicada en Chantada, unha cita que aproveitou para insistir na necesidade de que a Administración Autonómica se implique economicamente na construción do primeiro centro público de recría de gando en España, que a institución provincial está a levantar na Granxa Gayoso Castro, no Concello de Castro de Rei.
Fernández explicou ós asistentes ó evento, que congregou a unhas 2.000 persoas, que as obras marchan “a moi bo ritmo”, de maneira que no próximo mes estará practicamente lista a estrutura de 4 das 13 naves das que constará o complexo.
O Deputado subliñou que a institución provincial leva xa dende a xestación da idea, no 2009, solicitando un encontro coa Xunta para tratar de materializar esta colaboración, pero polo momento non obtivo resposta. Tendo en conta que a Administración galega é a máxima responsable das competencias en medio rural, Fernández espera que o Executivo galego acepte “xunguir esforzos” para sacar adiante un proxecto que marcará un antes e un despois no funcionamento das explotacións gandeiras da provincia, pois mellorará a calidade de vida dos gandeiros e evitará o problema real da falta de infraestruturas e man de obra, ó tempo que incrementará a rendibilidade das granxas, xa que a recría supón o 20% dos custes asociados á produción. José Fernández argumentou así mesmo que a construción do centro conta co total apoio do sector, incluída a propia cooperativa ICOS.
Unha sociedade punteira
ICOS foi constituída o 26 de decembro de 2000 coa fusión de catro cooperativas da Zona Sur da provincia: Chataca e Cofaro de Chantada, Medela de Taboada e Codiproga de Carballedo.
Na actualidade conta con 867 socios cunha media de idade de 46 anos e dedicados á produción de leite e carne, e 286 clientes, o que suma 1.153 persoas con vinculación directa coa cooperativa, o que a converte nunha das punteiras de Galicia.

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



