Nota de prensa
Os nacionalistas expresan a súa solidariedade cos traballadores nunha xuntanza co Comité de Empresa.
Parga instará a Xunta a que non aprobe o ERE de Móbeis Hermida.
Unha delegación do Bloque Nacionalista Galego da que formaba parte o Deputado autonómico Manuel Parga e o Portavoz do BNG en Lourenzá Cesar Docampo mantiveron na xornada de hoxe unha xuntanza co Comité Empresa de Móbeis Hermida, da que facían parte o Presidente do mesmo así como outros tres membros do organismo de representación sindical, a fin de analizar o ERE que ten previsto levar adiante a empresa para reducir a súa plantilla en 94 traballadores expresou “ a solidariedade persoal e a oposición máis rotunda a unha decisión que non só significa un drama de primeira magnitude para os traballadores que ven como corre perigo o seu emprego senón que significa tamén que unha empresa clave para a Comarca, na medida que fecha un ciclo produtivo, poida desaparecer a curto prazo”.
O nacionalista demandou da Xunta de Galiza “unha oposición ao ERE de extinción que ven de plantexar o grupo de Lourenzá, posto que o futuro desas 94 familias pero tamén de Lourenzá está a día de hoxe en mans da Xunta. Somos conscientes das dificultades que nesta altura está a pasar o sector do móbel, tanto pola situación de crise pero de xeito particular pola dependencia existente do sector do móbel e da construción, agora ben hai outras formulas que permiten compatibilizar o futuro da empresa co emprego e en ningún caso este pode pasar por facer cargar aos traballadores co custe da crise”. Neste sentido anunciou a presentación dunha proposición non de lei no Parlamento de Galiza instando a Consellaría de Traballo a que non aprobe un ERE de extinción.
Na mesma dirección o Parlamentario mariñao, que tamén participou na xornada de onte na mobilización convocada polos traballadores, demandou “un compromiso claro do conxunto das forzas políticas con representación no Parlamento co Emprego, posto que antes de proceder a un ERE de extinción nas condicións do proposto en canto as indemnizacións para cos traballadores hai outras moitas alternativas máis, agás que efectivamente o que se pretenda é eliminar plantilla por razóns que nada teñen a ver coa coxuntura económica. Asemade tampouco son de recibo alternativas que signifiquen despidos máis redución salarial, aínda máis se atendemos a retribución salarial actual dos traballadores .É necesaria presión política para que as negociacións entre os traballadores e a parte patronal se den nunhas condicións de igualdade”.
Manuel Parga indicou que “ xa está claro que se agochaba tras a reforma laboral que no seu momento pactaron populares e socialistas, reducindo as indemnización por despido e anos traballado, e esta claro que tras a mesma non estaba a preocupación por solucionar o problema do paro como afirmaban senón abaratar o despido, para pasarlle a factura da crise aos traballadores. Nos non imos tolerar que sexan as maiorías sociais quen paguen a factura dunhas políticas económicas deseñadas polo capital e executadas polos seus capataces no Goberno da Xunta e do Estado e por iso urxe unhas novas políticas onde a economía estea ao servizo das persoas e de xeito moi concreto da creación do emprego”.
Xa por último o Parlamentario Autonómico , expresou que “ a xestión da crise que se está a facer por parte da Xunta e do Goberno do Estado, non fai máis que provocar desemprego, precarizar as condicións laborais e económicas das maiorías socias e tamén afondar nun empeoramento da situación económica. Ou somos quen de darlle un xiro as políticas económicas que se levaron adiante desde o inicio da crise ou a situación só pode empeorar. Tanto é así que estamos convencidos que feitos como este non son máis que a punto do iceber do que vai caer na comarca, onde todos os dados indican un horizonte de aumento das taxas de desocupados, de novos eres e mesmo de procesos concursais”.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



